"Atán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Fillo de Eliab pertencente á tribo de Rubén. Xuntamente co seu irmán, Abiram, rebelouse contra a autoridade de Moisés e, segundo a tradición tardana, contra a prerrogativa sacerdotal de Arón. A lenda di que ambos os irmáns foron engulidos pola Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que deshidrata.

    2. Substancia que pola súa elevada afinidade coa auga é quen de eliminala dunha molécula. Entre os deshidratantes solubles en auga figuran o ácido sulfúrico e a glicerina, e entre os insolubles, a bauxita e o xel de sílice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que presentan certos fluídos que constitúen sistemas coloidais, pola que se fan máis viscosos mesmo ata solidificarse, ao aumentar a velocidade do seu movemento ou ao ser sometidos a presión. Orixínase pola fricción entre as partículas en suspensión. O efecto oposto é a tixotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade poboada dende o II milenio a C e situada en Irán, denominada actualmente Hamadān. Foi capital do imperio dos medos e dos persas aqueménidas dende o reinado de Ciro II o Grande (550 a C). Alexandre o Grande conquistouna no 330 a C e, trala conquista árabe (664), perdeu a súa importancia. Conserva, entre outros monumentos, os mausoleos de Esther e Mardoqueo e o de Avicena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula onde se forman espermacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento seco do L ou do NL que sopra durante a estación seca no Sáhara e en toda a África Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que hidrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •    Peronaxe bíblico, fillo do Rei Saúl. Acadou unha gran vitoria contra os filisteos. Salvou o seu amigo David da persecución do seu pai. Morreu xunto co seu pai ao derrotalos os filisteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Rexión da República Democrática do Congo (496.877 km2 ; 5.602.000 h [estim 1994]). A súa capital é Lubumbashi.   Son importantes as súas riquezas minerais, como o cinc e o cobre. Estivo baixo o control de compañías mineiras europeas e en 1960 acadou a independencia. A ONU rematou coa guerra civil e permaneceu dentro da República Democrática do Congo, aínda que houbo intentos secesionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada no lavado da la, formada por unha barca de ferro que contén o baño de sosa e de xabrón, un tear que introduce a la na rama e uns restrelos que se moven alternativamente co fin de avanzar. Ao final, outro dispositivo de restrelos extrae a la do baño e faina pasar por un escorredoiro. Xeralmente instálanse varios en serie, formando un tren de leviatáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro mariño, descrito na Biblia, no Libro de Xob, que simboliza o caos das augas hostís á vida. Ten o corpo recuberto de escamas, dentes afiados, forma e cor de réptil e pode expulsar un ácido vaporizado pola boca que provoca graves queimaduras nas súas víctimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Cronista xeral da provincia de Santiago, dirixiu a publicación Archivo Íbero-Americano e El Eco Franciscano (1904-1905) e colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos. Dos seus libros destacan Viaje de San Francisco a España (1914), Estudios crítico-históricos sobre Galicia (1916) e, postumamente, La imprenta en Galicia (siglos XV-XVIII) (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de matar.

    2. Operación de matar o porco, despezalo e preparar a carne para a súa conservación, salgándoa ou elaborando embutidos.

    3. Época do ano en que se mata o porco.

    4. Produtos que se obteñen da carne do porco despois de realizar a mata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada na costa N da illa de Tenerife (7.053 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de vide, plátanos, tomates e con algunhas industrias vinícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Esperela e A Fontaneira (Baleira). O seu cumio acada os 915 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Cuba, situada ao N da illa, fronte o estreito de Florida (124.754 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (11.978 km2; 654.516 h [estim 1998]). A capital é Matanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e presidente do Real Club Celta de Vigo. Empresario de recoñecido prestixio en México, é presidente do grupo Corporativo GES, unha das empresas líderes no sur do pais. E accionista maioritario de varias empresas de construción galegas. Preside o Celta de Vigo dende o ano 2006, cando substituíu a Horacio Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo de Xesús Cristo. Sábese da súa existencia polo Evanxeo segundo san Xoán, onde se conta que ía acompañado doutro discípulo, Filipe, camiño de Emaús. Identificouse tamén co apóstolo Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos natantios.

    2. Crustáceo decápodo da suborde dos natantios.

    3. Suborde de crustáceos decápodos malacostráceos que se caracterizan por posuír un corpo aplanado lateralmente, dous pares de antenas e rostro prominente (gambas) ou reducido (camaróns). Son bos nadadores.

    VER O DETALLE DO TERMO