"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
PERSOEIRO
Rei de Galicia e León (999-1028). Neto por parte de nai de García I de Castela e fillo de Vermudo II (Vermudo), herdou o seu trono no 999 con só cinco anos de idade. Durante a súa minoría foi criado pola súa nai, dona Elvira, e o conde galego Menendo González, ao que se opuxo o conde de Castela Sancho García, desexoso da tutela do neno rei, que de facto, implicaba detentar a rexencia; os enfrontamentos polo poder entrambos condes, sumados aos ataques de Abd al-Malik Yusuf al-Muzaffar, conformaron un período inestable que remataría coa decisión da súa nai de proclamar a maioría de idade do rei á morte de Menendo González, no inverno do 1007 ao 1008, e coa morte de Abd al-Malik no mesmo 1008. Durante o período de rexencia e os primeiros tempos do reinado de Afonso V, os anos do cambio de milenio, Galicia viviu un período de inseguridade no que aos conflitos entre os reinos cristiáns da Península Ibérica se sumaron as razzias de Almanzor que tomou Compostela pola forza, e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
PERSOEIRO
Lingüista, folclorista e poeta finlandés. Estudiou as linguas vod, mokzamordvina, khantí e mansí e recolleu cancións en Carelia e en Ingria. Co pseudónimo Oksanen escribiu poesías románticas e patrióticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo alemán, discípulo de J. Wolf. Dirixiu a nova edición das obras de J. S. Bach do Instituto de Göttingen e da colección de música alemá Organum (1950). É autor dunha monografía sobre Caspar Othmayr (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e xeodecta alemán. Dirixiu o departamento de Xeodesia Astronómica do Instituto Xeodésico de Berlín (1888). Estudiou as oscilacións do eixe terrestre. É autor de varios libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e profesor austríaco. Foi organista na abadía de Melk (1760) e na corte de Viena (1772), e Mestre de Capela da catedral de Viena (1792). Escribiu música relixiosa e de cámara. Tivo a Beethoven como discípulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia gascona da que provén Amanieu I, señor no 1050 do castelo de Albret. Á casa de Albret incorporáronse Basats, o vizcondado de Tartas, o condado de Dreux (1381) e os dominios da casa de Armañac (1527), ademais dos condados de Perigord e de Castres e do vizcondado de Limoges, mediante o casamento (1470) de Françoise de Châtillon-Blois-Penthievre con Alano o Grande (1440-1522), pai de Carlota e de Xoán, rei de Navarra. Alano de Albret apoiou o partido de Luís, duque de Orleáns, contra Ana, rexente de Carlos Vlll de Francia. Foi titor do seu neto, Enrique ll, Rei de Navarra. Do matrimonio (1527) de Enrique e Margarida de Valois, irmá de Francisco l de Francia, naceu Xoana III de Albret, Raíña de Navarra, casada (1548) con Antón de Borbón, duque de Vendôme. O seu fillo, Enrique lV de Francia, incorporou o ducado de Albret á coroa gala (1607).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Nadal de 1933 a CNT viña de colleitar un rotundo fracaso na súa última tentativa insurreccional e o PSOE, á súa vez, de perder as eleccións. En Europa, o fascismo deixara reducidas a cinsas potentes organizacións socialistas austríacas e alemanas. A maiores, a crise económica, o endurecemento patronal e o xiro á dereita dos partidos republicanos, ameazaban as conquistas obreiras do primeiro bienio republicano. Nese contexto, primeiro en Catalunya e logo na Comunitat Valenciana, vanse producir senllas tentativas de unidade entre as diversas correntes proletarias, que tomarán a denominación de “Alianzas Obreiras”. Estas, sen embargo, non estarán apoiadas nin pola CNT, nin polo PCE. Como é sabido, a conxunción de todas as forzas obreiras cun obxectivo revolucionario, tan só vai ser posible en Asturias, nos días da frustrada Revolución de outubro de 1934. En Galicia, a actitude dos libertarios vai ser, pola contra, máis aberta. Na alborada de decembro de 1935, a CRG tomou posición definitiva...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión empregada para indicar que cómpre darlles ás notas musicais a metade da duración que se expresa na partitura.
-
GALICIA
Sacerdote e escritor. En Ourense publicou, co pseudónimo de O Fidalgo de Monterrei, a narración costumista Na miña aldea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor bávaro. Foi rexedor e arquitecto municipal de Ratisbona. Está considerado a cabeza da escola do Danubio e é un dos precusores da pintura romántica. En diversas obras dá predominio á paisaxe sobre a figura humana: San Xurxo no bosque (1510) e Batalla de Alexandre (1529), nos que a magnificiencia da natureza está descrita minuciosamente. A importancia que o artista concede á natureza fai que o seu cadro Vista do Danubio (1552) sexa posiblemente a primeira paisaxe tratada como tema independente da historia da pintura. A miúdo tamén ambientaba as figuras en escenarios arquitectónicos, ás veces con efectos de iluminación artificial (A Natividade, 1520?; Susana no baño, 1526). Na liña do subxectivismo expresionista da arte dos países xermánicos, a súa obra ten un certo carácter precursor da pintura romántica. Tamén cultivou o gravado, especialmente a xilografía e os augafortes, e non se conserva ningunha das súas obras como arquitecto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formou parte do grupo inicial do GATCPAC e participou na xuntanza deste movemento en Zaragoza o 26 de outubro do 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo da illa de Madagascar, no extremo setentrional, constituído por un macizo basáltico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Noia. As súas armas levan, sobre campo de goles, un anaco de ámbar. Relacionados con esta caste están os apelidos Ambrear e Ambreina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ambre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ambre.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica, situada en Palas de Rei, na que destaca a portada occidental, presenta dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre as xambas e no arco exterior aparece un zigzag que chega a formar pequenos dentes de engrenaxe. Conserva tamén a porta meridional, co lintel de lados escaleirados e unha colección de canzorros de proa baixo o beiril do mesmo lado. Esta igrexa está datada a finais do século XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido viscoso, incoloro, de poderoso olor de almiscre. Atópase no aceite obtido das sementes da planta exótica Hibiscus abelmoschus. Emprégase como aromatizante, como perfume e como fixador.