"Bande" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 50.

  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Céltigos, no concello de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dedicarse ao contrabando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico, coñecido como Antonio Banderas. Comezou como actor teatral e facendo pequenos papeis secundarios en películas como Laberinto de pasiones (1982), Los zancos (1984) ou La corte del faraón (1985). Os seus traballos con Pedro Almodóvar, a partir de 1982, convertérono en protagonista dos seus filmes como en Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) e Átame (1989). Na década dos noventa entrou en contacto co cine de Hollywood a través das películas The Mambo Kings (Os reis do mambo, 1991), Philadelphia (1993), Interview with the Vampire (Entrevista co vampiro, 1994), Desperado (1995), Two Much (1995) ou Evita (1996). En 1999 dirixiu a súa muller Melanie Griffit na película Crazy in Alabama (Tolos en Alabama), coa que conseguiu o Leone d’Oro da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos edificios ou barcos que teñen unha bandeira alzada, e tamén á figura humana ou animal que leva unha bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de embandeirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamentar algo con bandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliófilo e filántropo. Estudiou dereito en Madrid, onde contactou con grupos galeguistas como Xuventude Céltiga. Na década de 1930 acudiu e participou nos parladoiros frecuentados por Castelao, Otero Pedrayo ou Villar Ponte e afiliouse ao Partido Galeguista. Despois da Guerra Civil continuou militando no galeguismo e, durante anos, formou unha colección integrada por obras, documentos e publicacións relacionados con Galicia. No 1956 fixo entrega simbólica da súa biblioteca á Editorial Galaxia, e formalizouse esta situación en 1963 coa creación en Vigo da Fundación Penzol. Presidiu o padroado que rexe a Fundación e continuou facendo doazóns ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado que porta a bandeira nunha batalla.

    2. Fita forte que se coloca ao longo do corpo e na que se introduce o gobelete do pau da bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernardo de Sá Nogueira Figueiredo.

    VER O DETALLE DO TERMO