Domínguez Banderas, José Antonio

Domínguez Banderas, José Antonio

Actor e realizador cinematográfico, coñecido como Antonio Banderas. Comezou como actor teatral e facendo pequenos papeis secundarios en películas como Laberinto de pasiones (1982), Los zancos (1984) ou La corte del faraón (1985). Os seus traballos con Pedro Almodóvar, a partir de 1982, convertérono en protagonista dos seus filmes como en Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) e Átame (1989). Na década dos noventa entrou en contacto co cine de Hollywood a través das películas The Mambo Kings (Os reis do mambo, 1991), Philadelphia (1993), Interview with the Vampire (Entrevista co vampiro, 1994), Desperado (1995), Two Much (1995) ou Evita (1996). En 1999 dirixiu a súa muller Melanie Griffit na película Crazy in Alabama (Tolos en Alabama), coa que conseguiu o Leone d’Oro da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica di Venezia, e protagonizou The Body (O corpo) no 2001.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Málaga