"Basa" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 49.

  • (Oguni 1852 - Nakachono 1931) Médico xaponés. Formado na escola alemá de Koch e colaborador de Behring, interveu na obtención dos primeiros soros antitetánico e antidiftérico. Descubriu, ao mesmo tempo ca Yersin, o bacilo da peste bubónica. En Xapón foi creado, no seu honor, o Instituto Kitasato, dedicado ao estudo das enfermidades infecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Costa, Kenya (465.000 h [1989]), situada nunha illa unida ao continente por unha ponte de 800 m. Ao SO da illa, atópase o porto carboeiro e petroleiro de Kilindine, o más importante de África oriental, que é utilizado tamén por Uganda, República Democrática do Congo e Sudán. Posúe refinarías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Os seus referentes plásticos iniciais foron Henry Moore, Brâncuşi e posteriormente Julio González. Interesouse pola técnica da soldadura na escultura en ferro para trasladala á madeira, mediante a ensamblaxe a partir dun tronco principal, cun sentido construtivo parecido ao que se utiliza para a carpintaría tradicional. A súa carreira artística iniciouse a comezos da década de 1970 con escultura figurativa en madeira. Posteriormente traballou con fragmentos de taboleiros e vigas estragados que reciclaba e manipulaba lixeiramente, para superpoñelos e encaixalos nunha nova linguaxe de signo abstracto. Formou parte da renovación plástica de Galicia na década de 1980, e a presentación da súa obra fíxose a través do Grupo Atlántica. Iniciou entón unha proposta plástica inspirada no mundo autóctono e artesanal para o que recolleu trebellos agrícolas que reinterpretou con leves intervencións. A utilización de materiais de refugallo combinouse co emprego da madeira, ás veces ensamblada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de bicicletas fundada en 1944 por Simeó Rabasa i Singla, tamén fundador de Derbi (1922), coa que se uniu en 1949 (Rabasa Derbi) para a fabricación de motocicletas, pasando a denominarse Nacional Motor SA en 1950. Chegou a ser a primeira industria motociclista de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tranca de madeira que se emprega para asegurar portas e ventás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Panamá, situada na Cordillera Central, continuación da de Chiriquí. Acada o seu cumio en Cerro Santiago, a 2.826 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de Euskadi, que se estende polo NL da provincia de Araba e se introduce en Nafarroa, onde acada a máxima altitude con 1.153 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto Emir de Al-Andalus (721-726), nomeado polo Valí de Ifrīqiya. Despois de ser derrotado por Eudo de Aquitania, dirixiu dende Narbona unha expedición (725) na que conquistou Carcasona, Nimes e Autun, as dúas primeiras por capitulación pactada, polo que permanecían no cargo condal os godos.

    VER O DETALLE DO TERMO