"Bay" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 72.

  • Nome co que tamén se coñecen o golfo e a cidade de Khambhāt, na India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel de follado cun recheo formado por améndoa moída sen torrar, azucre e ovos. É un doce típico da cidade de Oviedo e foi creado por Camilo de Blas a principios do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador e artesán flamengo activo en Santiago de Compostela. Traballou no revestimento con mármores de cores do zócolo da capela maior da catedral (1655), deseñado por José Peña de Toro, e na decoración da capela de Santo Andrés (1677) e esculpiu a decoración da Torre do Reloxo (1678-1679). Tamén realizou na catedral, entre outras obras, o escudo de armas do arcebispo Andrés Girón na porta da capela de Cambias (1673) e unha pía de auga bendita (1677). En 1672 realizou en xaspe e mármore o revestimento do banco do retablo maior de Nosa Señora da Cerca do convento de Santo Agostiño, do que se conserva a traza no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Gardamariña en Ferrol (1803), acadou o rango de alférez de fragata en 1804. Participou na Batalla de Trafalgar e durante a Guerra da Independencia tomou parte nas contendas de Orrantia, Espinosa de los Monteros, Lugo e Astorga. Tenente de navío dende a toma de Donostia (1814), sumouse ao pronunciamento liberal de Díaz Porlier (1815), polo que permaneceu arrestado no castelo de Santo Antón ata 1819. Marchou a Cuba e participou no levantamento do bloqueo do Callao (1824). No 1826 percorreu a costa galega como capitán de fragata para elaborar o mapa cartográfico das rías de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Muros. En 1830 foi nomeado capitán de navío e desempeñou, como interino, o cargo de ministro de Marina (1851) no goberno de Bravo Murillo. No 1853, durante o goberno de F. Lersundi, foi titular do ministerio de Marina, pero tivo que dimitir a causa de certas irregularidades nun contrato. Publicou Círculo de marcar para perfeccionar la aguja de la bitácora (1848),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo. Paxe na corte de Carlos IV, en 1810 exiliouse en Francia xunto co secretario de Xosé I Bonaparte. Entre 1826 e 1827 dirixiu a fábrica de cristais de Aranjuez e en 1828 levantou o plano das minas de Riotinto. Comisionado en 1830 por Fausto Elhuyar, pasou cinco anos na escola de minas de Freiberg. Destacado paleontólogo, traduciu e ampliou Elementos de Geología (1847), de Charles Lyell, co que representou en España a posición máis estrita das concepcións actualistas, e escribiu Ensayo de una descripción general de la estrutura geológica del terreno de España en la península (1850-1857), onde realizou o primeiro catálogo de fósiles de España composto por máis de catrocentas especies. Foi membro fundador da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político, literario e industrial editado no concello de Baiona a partir de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e escritor. Cronista oficial de Boiro, fundou en Ribeira o colexio Bayón. A partir de 1956 colaborou en diversas publicacións e, entre outros catálogos, en Compostela monumental (1993). Entre as súas obras destacan Los caminos de Santiago en Galicia (1991), Piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas (1997) Guía das heráldicas de Pobra do Deán e Vila do Caramiñal (1998), Nueva galería de piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas (2000) e Valle-Inclán y Viana del Prior: estampas del tiempo ido (2001). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Plata del Mérito Turístico, o Premio Pérez Lugín, o Premio Fernández Latorre (1965), o Premio Julio Camba (1993), o Premio Fenosa e o Premio Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Foi un dos creadores da zarzuela moderna e estreou, entre outras, La mensajera (1849),   Juramento (1858), Catalina (1854) e La conquista de Madrid (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Nova Zelanda, na Illa do Norte (13.790 km2; 142.950 h [estim 2001]). A súa capital é Napier (53.011 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hokkaidō 1916) Realizador cinematográfico xaponés. Especializado en efectos violentos, combinou o realismo máis descarnado cun certo aire poético. En 1963 foi premiado en Cannes por Harakiri. Da súa filmografía tamén destaca Ninguen no joken (A condición humana, 1959-1961), de tres episodios, Kwaidan (1964), de catro episodios, Nipon no seishun (Un xaponés acabado, 1968) e Tokyo Saiban (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido cos pseudónimos de Ibalan e Aspaldiko, a súa obra esténdese a todo o que se relaciona co teatro, do que foi un grande impulsor. Deu a coñecer as principais correntes europeas co seu traballo como tradutor. Pola contra, na súa obra orixinal seguiu a traxectoria de antes da guerra, con pezas costumistas e dramas históricos. En 1932 fundou e dirixiu a revista teatral Antzerti e escribiu unha historia do teatro vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (14.231 km2, 1.050.280 h [1998]). A capital é Chiclayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perfectura da República Centroafricana (19.235 km2; 186.121 h [1989]). A capital é Mbaīki (29.495 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector do canal da Mancha, situado entre os cabos de Bill of Portland e Start Bay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Papua Nova Guinea (14.000 km2; 210.412 h [2000]). A súa capital é Alotau (10.025 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, situado na rexión Setentrional (4.089 km2; 164.761 h [1998]). A capital é Nkhata Bay (4.048 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Colaborou con L. Le Vau (1660-1670) en Vincennes e Versailles, e no proxecto da columnata do Musée du Louvre (1656?) e no Collège des Quatre Nations. Posteriormente dirixiu as obras de ampliación do palacio de Versailles (1670-1680). Desde 1676 traballou ás ordes de J. Hardouin-Mansart. Realizou tamén o Arc de Triomphe de Peyrou en Montpellier, o Observatoire (1665-1670) e a antiga sala da Comédie Française (1688), ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Da súa produción destaca Palestra farmacéutica chímica-galénica (1706), que foi un intento de renovación da farmacia hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Baiona a partir do 19 de marzo de 1914. Fundado por Xosé Mª Barreiro e editado nos obradoiros de El Heraldo de Vigo, mantivo unha forte campaña anticaciquil, participando activamente no II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo quimbaya.

    2. Individuo do pobo quimbaya.

    3. Pobo indíxena precolombino de Colombia, extinguido, que vivía no val central do río Cauca, nos actuais departamentos de Caldas e Antioquía. Posuía una destacada cultura, e todos os restos atopados proveñen de lugares de enterramento. Ao lado dos corpos colocábanse as ofrendas: cerámica fina e sobre todo pezas de ourivaría. As manifestacións artísticas son naturalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO