Derbay, Miguel
Derbay, Miguel
Entallador e artesán flamengo activo en Santiago de Compostela. Traballou no revestimento con mármores de cores do zócolo da capela maior da catedral (1655), deseñado por José Peña de Toro, e na decoración da capela de Santo Andrés (1677) e esculpiu a decoración da Torre do Reloxo (1678-1679). Tamén realizou na catedral, entre outras obras, o escudo de armas do arcebispo Andrés Girón na porta da capela de Cambias (1673) e unha pía de auga bendita (1677). En 1672 realizou en xaspe e mármore o revestimento do banco do retablo maior de Nosa Señora da Cerca do convento de Santo Agostiño, do que se conserva a traza no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela