"Bell" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 211.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Laboratorios que desenvolveron a linguaxe de programación C na década dos setenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formatos estándar para transmitir datos por teléfono. O Bell 103a transmite a velocidades de 300 baudios ou inferiores. O Bell 202 transmite a 1.200 baudios; este formato semidúplex foi substituído en gran medida polo Bell 212A.
-
PERSOEIRO
Astrónoma irlandesa. Realizou investigacións de Astrofísica empregando todas as zonas do espectro (1974-1982) e, dende 1982, astronomía óptica, infravermella e radiomilimétrica. Traballando en Cambridge cun radiotelescopio capaz de detectar variacións rápidas dos sinais descubriu, en 1967, unha fonte radioemisora flutuante, identificada posteriormente por A. Hewish como un púlsar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e inventor británico. Abandonou os estudios musicais para dedicarse á Fonética. Emigrou a Canadá (1871) e, posteriormente, aos EE UU. Fundou unha escola para mestres de xordos en Boston e en 1873 acadou a cátedra de Fisioloxía Vocal na Universidade de Boston. Os seus traballos sobre o son, motivados polo problema do ensino dos xordos, sobre o que escribiu varias obras, leváronlle a construír un telégrafo harmónico. En 1876 inventou o teléfono, aínda que lle foi negada a prioridade do invento, o que lle levou a defendela en diversos procesos. Despois de diversas melloras no seu aparato, obtivo o Premio Volta do Instituto de Francia. Tamén ideou un enxeño para detectar balas no corpo humano, empregado ata o descubrimento dos raios X e unha balanza de indución, entre outras innovacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e clérigo anglicano. Considérase, xunto con Joseph Lancaster, o promotor e o aplicador do sistema mutuo ou monitorial system, que consistía en que os alumnos máis adiantados debían instruír os demais. De 1791 a 1796 ensaiou e perfeccionou ese método en Madras (India), onde dirixía un orfanato militar. Coa súa obra An experiment in Education made at the Male Asylum of Madras (Un experimento educativo construído para a escola masculina de Madras, 1797), deu a coñecer o seu método de ensino. No 1811 foi o responsable de organizar as escolas anglicanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Hispanista inglés. Formouse na Universidade de Oxford, e exerceu o cargo de asistente bibliotecario no British Museum (1905-1908). Despois dunha longa estancia na Península Ibérica, fixou a súa residencia en Portugal, país no que viviu ata o estalido da Segunda Guerra Mundial. Establecido na Península Ibérica foi correspondente do Morning Post e crítico literario en The Times Literary Supplement. Investigou especialmente as literaturas española e portuguesa: Fray Luís de León, Cervantes, Gracián, Fernão Lopes, Camões e Gil Vicente figuran entre os autores que estudiou. Destacan os estudios monográficos e as traducións das obras dalgúns deles publicadas en Lyrics of Gil Vicente (Poesías de Gil Vicente, 1914, 1921, 1925), Lyrics of Luis de León (Poesías de Luís de León, 1928), The Ship of Hell de Gil Vicente (O buque do Inferno de Gil Vicente, 1929). A súa importancia para a cultura galega vén dada por centrar a súa investigación no eido da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico escocés. Foi un dos creadores da escola de cirurxía de Edimburgo, a máis importante do seu tempo. É autor de System of Surgery (Sistema de cirurxía, 1783-1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico escocés. Foi profesor de Cirurxía na Universidade de Edimburgo (1836). Destacan os traballos que dedicou á diferenciación das raíces nerviosas medulares ao separar as motoras, anteriores, das sensitivas, posteriores (lei de Bell). Descubriu o signo que leva o seu nome (signo de Bell) e que permite diagnosticar a parálise facial. Publicou: New idea of anatomy of the brain (Novas ideas sobre anatomía cerebral, 1811) e The nervous system of the human body (O sistema nervioso do corpo humano, 1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián escocés. Foi profesor de Anatomía e de Cirurxía na súa cidade natal e unha das cabezas da escola de cirurxía británica de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e produtor norteamericano. Exerceu como xornalista no Whasington Herald, e logo introduciuse no cine a través de Chaplin. Dirixiu, entre outras películas, Broadway after dark (Broadway trala noite, 1924), The snob (O snob, 1924), The torrent (O torrente, 1926), Fires of youth (Lumes de xuventude, 1931), The worst woman in Paris (A peor muller en París, 1933) e China’s little devils (Os pequenos diaños da China, 1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do nervio facial. Na forma periférica chámase signo de Bell á desviación, cara a riba e cara a fóra, do globo ocular do costado afectado cando o paciente tenta pechar o ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No marco da controversia entre o determinismo e o indeterminismo que propicia a mecánica cuántica, teorema elaborado en 1966 por J. Bell. Demostra que todas as teorías de variables ocultas que se aviñan co principio de acción local eran incompatibles coas predicións estatísticas da mecánica cuántica.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado ao L da chaira de Lleida e no límite occidental da chaira de Urgell (2.119 h [1996]). A súa economía baséase na explotación dos recursos agropecuarios. Cultívase trigo, millo e árbores froiteiras, e na gandería destaca o porcino, o ovino, e especialmente o bovino para a produción de leite. As actividades industriais redúcense á transformación dos produtos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción italiana realizada en 1955 e dirixida por Mario Camerini. Foi interpretada por Sofía Loren, Vittorio de Sica, Marcello Mastroiani e Yvonne Sanson. Baseada na obra de Alarcón La pícara molinera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carolina Otero Iglesias.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Traballou máis na televisión ca no cine, no que dirixiu algúns westerns e algunha película de terror. Realizou, entre outras, Seminole uprising (A sublevación seminola, 1955), Toughest gun in Tombstone (A forte pistola en Tombstone, 1958), Gunpoint (A punta de pistola, 1966), Munster, go home (Monstro, marcha para casa, 1966), Seven alone (Só sete, 1975), Speed trap (Trampa rápida, 1978) e Magnum thrust (O empurre da botella, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e novelista norteamericano. Fundou e dirixiu o Daily News (1880). É autor da novela utópica Looking Backward: 2000-1887 (Ollando cara a atrás: 2000-1887, 1888), onde propugna un tipo moderado de socialismo de estado adaptado á realidade norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario holandés. Os seus poemas, entre os que cómpre salientar Gezangen mijner jeugd (Cancións da miña xuventude, 1782), manifestan unha sensibilidade prerromántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor norteamericano. Debutou no teatro en Broadway en 1929. A súa filmografía supera os cen títulos. Foi nominado ao Oscar ao Mellor Actor Secundario por The Awful Truth (A pícara puritana, 1937). Conta tamén cun galardón da Asociación de Críticos de Nova York, un premio Tony de teatro, foi catro veces presidente do Actor’s Equity e recibiu un Oscar honorario en 1986. Entre os seus traballos destacan: The Secret six (Os seis secretos, 1931), Rendez-vous at Midnight (Cita a media noite, 1935), Rosemary’s Baby (A semente do demo, 1968), Trading Places (Entre pillabáns anda o xogo, 1983) e Pretty Woman (Unha fermosa muller, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés. Estableceuse en Nancy (1602-1611) ao servizo do duque Carlos de Lorena. Empregou un canon alongado e un debuxo preciosista e sensual tanto nos cadros (San Francisco recibindo os estigmas) como nos debuxos e gravados. A súa elegancia inspírase na obra de Parmigianino.
VER O DETALLE DO TERMO