"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • Líquido oleoso resultado da destilación da feluxe das chemineas. É unha mestura de pirocatecol e doutros compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de manganeso e de cobalto hidratado, de fórmula CoOD2MnO2D4H2O. Mineral que se presenta en masas negras e de aspecto terroso semellante á ferruxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno afásico que consiste na perda patolóxica da comprensión e utilización dos símbolos da linguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clube Voleibol Atlética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das bandas de tea ou papel con debuxos que, colgadas do teito dun escenario, constitúen a parte superior dunha decoración e representan un teito, ramas pintadas ou o ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da clase dos zigomicetos, de micelio septado que ao longo do seu ciclo se desenvolve en excrementos de anfibios ou réptiles, e logo sobre coleópteros coprófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo entre dous equipos de nove xogadores que se alternan en posicións ofensivas e defensivas e que tratan de completar o maior número de carreiras válidas (runs), arredor dun campo, segundo as convencións regulamentarias. A pelota, dura e elástica, ten 22,86-23,50 cm de circunferencia e pesa 142,5-148,3 gramos. O pivote do equipo defensor (pitcher), situado no centro xeométrico dun cadrado perfecto, lanza a pelota ao seu compañeiro receptor (catcher), situado nun dos ángulos do cadrado e diante do cal está parado o primeiro xogador do equipo atacante brandindo bate (bat), co que tenta interceptar e golpear a pelota. Se o bateador consegue golpear a pelota, ten que correr e conseguir chegar ao maior número posible de bases (situadas en cada un dos catro ángulos do cadrado) antes de que a pelota sexa collida por algún defensor que a pase ao vixilante de base (baseman). A vitoria é do equipo que consegue máis carreiras válidas. Deporte nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tailandia. Noveno monarca da dinastía Rama. Sucedeu ao seu irmán Ananda Mahidol (1946). Foi coroado en Bangkok no 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na resistencia polaca. En 1933 foi condenado a sete anos de prisión. Foi Presidente da República (1947-1952) e no 1954 pasou a encabezar o comité central do Partido Obreiro Unificado polaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siglas do estado de Bolivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila que se impregnaba no xeso para adherir os pans de ouro e que hoxe se emprega para dourar obxectos de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Influído por Rembrandt, decantouse despois cara á arte de van der Helst. Foi un bo retratista e entre as súas obras figuran Os catro rexentes do hospicio de leprosos de Amsterdam (1668) e un retrato de Elisabeth Bas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista holandés. Traballou en Anveres e Amsterdam. É autor de paisaxes onde aparecen os motivos habituais de Brueghel (as estacións e os kermesses).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de masa de millo ou de trigo, de forma redonda, que pode ser grande e con moito miolo, ou esmagada e máis ben pequena. Cócese no forno e adoita sacarse antes do resto da fornada.

    2. Pan moi delgado que ao cocer quedou sen miga e duro.

    3. Bolo de fariña de flor e leite en forma de molete.

    4. Torta de pan que se fai collendo un anaco de masa e tirándoo con forza contra o fondo do forno, ao que se queda pegado.

    5. Peza de pan redonda que se lle entregaba ao cura que oficiaba o enterro.

    6. Torta de millo cocida na lareira co lume da cociña. É costume comela moi quente. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia tamén se adoita pronunciar bola con [ɔ] aberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo que posúe forma esférica.

    2. Corpo esférico, de distintos materiais, empregado nalgúns deportes e xogos.

    3. Calquera obxecto que posúe unha forma esférica.

    4. Xogo infantil no que se tenta introducir unhas pequenas bólas de vidro ou barro nuns pequenos buracos feitos no chan, facéndoas chocar coas do contrario para afastalo da proximidade do oco.

    5. Testículos.

    6. Esferoide de pedra de múltiples facetas que presentaban arestas e ángulos que eran eliminados por un picado regular, acotío xeneralizado. Este obxecto esférico forma parte dos utensilios presentes no Acheulense superior africano. O seu diámetro é duns 80 mm. O uso da bóla puido ser doméstico ou cinexético.

    7. Motivo ornamental que consiste nunha esfera colocada como remate.

    8. Figura esférica que se representa sombreada para darlle relevo, o que a distingue do besante e do disco.

    9. Nun espazo métrico de distancia d, (E,d), conxunto de puntos x que cumpren que a distancia a un determinado punto fixo a é menor ou igual que un número fixo r; fálase entón da bóla de radio r e de centro a.

    10. Peza esférica, de gran dureza e de gran resistencia ao desgaste, empregada como elemento de rodamento nas chumaceiras chamadas precisamente de bólas, como elemento para moer nos muíños de bólas, etc.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ignacio Jacinto Villa Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo que é a capital e dá nome ao concello da Bola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Municipio da Terra de Celanova, situado na provincia de Ourense no S da comunidade autónoma de Galicia (42° 09’ 07’’ de latitude N e 7° 54’ 02’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello da Merca, ao L cos de Allariz (comarca de Allariz-Maceda) e Rairiz de Veiga (A Limia), ao S con Verea e ao O con Celanova. Abrangue unha superficie de 34,9 km 2 cunha poboación de 1.497 h (2007), distribuídos nas parroquias de Berredo (San Miguel), Pardavedra, Podentes, San Martiño de Berredo, Santa Baia de Berredo, Sorga, Soutomel e Veiga. A capital está no lugar da Bola, na parroquia de Santa Baia de Berredo. Atópase a 134 km de Santiago de Compostela e 29 km de Ourense. Está adscrito á xurisdición do partido xudicial de Celanova e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio municipal da Bola está baixo o dominio climático oceánico continental. Localizado nun territorio de media montaña, os rexistros térmicos vense matizados por este factor, resultando un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe ou impacto producido por unha bóla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Guinea Bissau, situada no arquipélago de Bijagós. A cidade principal, Bolama, foi capital da Guinea Portuguesa do 1870 ao 1942.

    VER O DETALLE DO TERMO