"Bora" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 89.
-
-
Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica, que se pode considerar derivada dun hidruro de boro, por substitución dun grupo BH - por un CH. Os carboranos prepáranse por reacción do acetileno (ou dos acetilenos substituídos) con hidruros de boro, mediante o uso de catalizadores básicos ou da descarga eléctrica silente.
-
Cada un dos tres isómeros do carbono do dicarbadodecaborano B 10 C 2 H 12 , nos que os átomos de boro e de carbono se colocan en forma de estrutura icosaédrica. O isómero orto- ou carborano normal é o máis coñecido dos tres; o isómero meta- ou neocarborano e o isómero para- obtéñense por reordenación térmica do primeiro. O núcleo destes carboranos resiste fronte ao ataque dos ácidos, dos álcalis e dos oxidantes, e unicamente orixina reaccións de substitución de átomos de hidróxeno no ataque con cloro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán dos Andes, no Ecuador, no ángulo noroccidental da provincia de Chimborazo (6.272 m). É a cima máis elevada do estado. É un volcán apagado. A primeira ascensión que coroou a cima foi a de Edward Whymper e J. A. Carrel no 1880.
-
-
Acción e efecto de colaborar. Ex: A policía contou coa colaboración de moitos cidadáns.
-
Traballo ou parte del realizado por un colaborador. Ex: As festas contaron coa colaboración do grupo musical.
-
Escrito realizado por un colaborador nun xornal ou revista. Ex: Mandou unha colaboración para que lla publicasen en A Trabe de Ouro.
-
Pequenas figuras humanas e de animais presentes nun cadro, que completan a composición. No s XVII os pintores flamengos empregaron axudantes para pintalas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ideolóxica e práctica de quen, nun país sometido a un réxime de ocupación, propugna e segue unha política de entendemento e colaboración co invasor. O termo refírese, sobre todo, á actitude mantida nalgúns países ocupados por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, como foron Iugoslavia, Noruega e, fundamentalmente, Francia, tanto dende a intelectualidade (Rasemblement National Populaire) como na participación en milicias (Milicie Française).
-
-
Relativo ou pertencente ao colaboracionismo.
-
Que participa ou propugna o colaboracionismo. Ex: Foi un destacado colaboracionista na Francia ocupada.
-
Partidario do colaboracionismo. Ex: Ao rematar a guerra tomáronse duras represalias contra os colaboracionistas.
-
-
-
Que ou quen colabora. Ex: Os mestres colaboradores apoiaron o proxecto. Os colaboradores da Cruz Vermella participaron na organización do concerto.
-
Persoa que colabora nun xornal ou revista, aínda que sen pertencer ao seu cadro de persoal. Ex: O colaborador asinou un novo artigo para a Revista Galega do Ensino.
-
Persoa que realiza traballos para unha empresa, sen formar parte do seu cadro de persoal. Ex: O colaborador da empresa de pneumáticos non está contento co trato que recibe.
-
-
-
-
Traballar en común con alguén para facer ou acadar algunha cousa.
-
Contribuír, de modo altruísta, co propio traballo ou con algún donativo á consecuación ou execución de algo determinado. Ex: A ONG colaborou na reconstrución da vila que fora destruída pola guerra. Os veciños colaboraron con cadansúas mil pesetas para mellorar a canalización da auga.
-
-
Redactar artigos e outros escritos de modo habitual nun xornal ou revista. Ex: A miña irmá colaborou ao longo de dous anos nunha revista científica.
-
Realizar algún traballo para unha empresa, sen formar parte do seu cadro de persoal. Ex: Colaborou co concello para cambiarlles a instalación eléctrica da casa do concello.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.
-
-
Acción e efecto de corroborar ou corroborarse.
-
Parte do corpo dun documento que segue á sanción, composta por una relación de claúsulas de validación que garanten o cumprimento das formalidades necesarias para dar validez legal ao documento.
-
-
-
Que corrobora.
-
Medicamento que ten a propiedade de vigorizar o organismo.
-
-
-
Fortalecer o que estaba débil ou en malas condicións físicas.
-
Asegurar a veracidade de algo, do que xa se tiña coñecemento.
-
Confirmarse nalgunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que corrobora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación anual editada a partir de 1980 en Sada polo Seminario de Estudos Galegos coa colaboración da área de xeoloxía e minería da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Instituto Universitario de Xeoloxía. Dirixida por J. R. Vidal Romaní, conta cun consello científico formado por especialistas de diversos institutos e universidades, como I. Asensio, M. Peinado, A. Marcos, F. Noronha, L. G. Corretge, R. Vegas, J. R. Martínez Catalán e F. Vilas. Os seus artigos están escritos en inglés, castelán ou portugués. Entre os seus obxectivos figuran a divulgación da xeoloxía en Galicia e todo o relativo ao período hercínico na Península Ibérica. Ocasionalmente edita algúns números monográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xuíza e profetisa de Israel. Segundo o libro dos Xuíces, conduciu a Barac contra os cananeos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarborar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desmontar ou derrubar os mastros dunha embarcación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de traballar o marfil.
-
-
Relativo ou pertencente ao marfil.
-
Persoa que traballa o marfil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial constituída en Ferrol en 1993. Fundárona Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Toval Porta. A súa colección máis antiga é “Biblioteca de Ferrolterra”, na que se integran unha serie de publicacións de historia e historiografía, así como traballos nos que se recuperan textos ferroláns do s XIX. Ademais posúe unha colección infantil, outra de narrativa galega e a serie “Documenta”. Entre os anos 1993 e 1999 tirou do prelo a publicación mensual Crónica de Ferrolterra e dende 1999 o Anuario de Ferrolterra, no que se reúne a actualidade dos concellos de Ferrol, Eume e Ortegal.