Edicións Embora

Edicións Embora

Empresa editorial constituída en Ferrol en 1993. Fundárona Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Toval Porta. A súa colección máis antiga é “Biblioteca de Ferrolterra”, na que se integran unha serie de publicacións de historia e historiografía, así como traballos nos que se recuperan textos ferroláns do s XIX. Ademais posúe unha colección infantil, outra de narrativa galega e a serie “Documenta”. Entre os anos 1993 e 1999 tirou do prelo a publicación mensual Crónica de Ferrolterra e dende 1999 o Anuario de Ferrolterra, no que se reúne a actualidade dos concellos de Ferrol, Eume e Ortegal.