"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de la Historia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada polo Congrés Catalanista do 1880 para se opoñer á anarquía ortográfica derivada do fracaso dos Jocs Florals do 1863. A súa existencia foi sempre polémica malia o entusiasmo de Àngel Guimerà. Artellou unhas Regles ortogràfiques (1916) alternativas ás do Institut d’Estudis Catalans (1913).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que tiña inicialmente a Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles de València.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia imperial fundada polo Emperador chinés Xuanzong da dinastía Tang (740). Perdurou ata o afundimento do réxime imperial (1911). Tivo importancia nos eidos da lingua, a literatura e as artes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Española de Farmacia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1977 por un grupo de membros numerarios da Real Academia Galega que contaban co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e de varios persoeiros do mundo científico galego. Está integrada por académicos de número e correspondentes. Estrutúrase en cinco seccións: Matemáticas, Física e Física do Cosmos; Química e Xeoloxía; Farmacia e Bioloxía; Ciencias Técnicas; e Ciencias Sociais e Económicas. O seu obxectivo é fomentar a difusión destes coñecementos organizando seminarios, promovendo centros de investigación e publicando tratados científicos. Anualmente publica o Boletín da Academia Galega das Ciencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituída na Coruña no ano 1992 por un grupo de afeccionados á gastronomía co gallo de lembrar e honrar a aquelas persoas que exerceron esta arte. Está presidida por José Antonio Quiroga y Piñeiro, actuando Fausto Galdo Fernández como secretario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ente adscrita á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. Ten como obxecto a formación do persoal dos corpos de seguridade das administracións locais e autonómica (policías locais e policía autonómica) e dos servicios de protección civil. Ten a súa sede no concello da Estrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 23 de marzo de 1967 por iniciativa do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, e de varios membros da xunta de goberno do mesmo. Entre os primeiros académicos que a formaron cómpre sinalar a Paulino Pedret Casado, Pío Cabanillas Gallas, Carlos Martínez Barbeito, Isidoro Millán Mariño e Antonio Rosón Pérez. Estrutúrase en cinco seccións: Dereito Administrativo, Urbanístico e Agrario; Dereito Civil Mercantil e Canónico; Dereito Fiscal e Laboral; Dereito Penal e Procesal e Dereito Foral Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada no ano 1960 en París. Depende da Federación Internacional de Astronáutica e está encargada de organizar as actividades científicas da Federación e da publicación da Acta Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Santiago de Compostela en 1841 por un grupo de escritores novos, estudiantes ou residentes nesa cidade. A súa primeira sede estaba no antigo mosteiro de San Martiño Pinario, pero no 1843 trasladouse, por problemas coas autoridades, ao ex-convento de Santo Agostiño. O seu presidente foi Domingo Díaz de Robles e o secretario Miguel Rúa Figueroa, quen deu a coñecer os discursos e os traballos en prosa e en verso realizados polos membros da Academia en Trabajos de la Academia Literaria de Santiago pertenecientes al primer terzo del año 1841. Tamén foron membros da Academia Antolín Faraldo, Antonio Neira de Mosquera e Xosé Mª Carracido. A revista El idólatra de Galicia recollía algúns dos traballos qaue se presentaban e lían na Academia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
National Academy of Sciences.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Nacional de Medicina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no 1652 en Schweinfurt (Franconia, Alemaña) por G. L. Bausch. Dende 1878 está situada en Halle (Alemaña) coa denominación Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina. Está consagrada á recompilación de curiosidades médicas e biolóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club vigués de balonmán fundado por Octavio Rodríguez Vicente en 1966, no seo do centro de ensino homónimo. Dedicado inicialmente ao balonmán feminino, en 1968 creouse a sección masculina. Ascendeu á División de Honor por vez primeira na tempada 1974/1975, militando nela durante dúas campañas consecutivas. Volveu á máxima categoría tras proclamarse por segunda vez campión da 1ª División Nacional na tempada 1978/1979, para manterse durante tres tempadas, entre 1979 e 1982. Logo dunha década, tornou á elite do balonmán español, a nova Liga Asobal, tras ascender na tempada 1992/1993. Nesta xeira acadou os seus maiores logros, permanecendo cinco tempadas consecutivas na categoría (1993-1998), proclamándose subcampión da Copa do Rei (1995) e sendo o primeiro equipo do balonmán galego en clasificarse para disputar competicións europeas: Recopa de Europa (tempada 1995/1996; cuartos de final), Copa EHF (1996/1997; semifinais) e City Cup (1997/1998; semifinais)....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade ludo-gastronómica, fundada en 1983, que agrupa a afeccionados á cociña da comarca de Ourense. No marco da súa dinámica o avogado e perito mercantil Vicente José Alonso Vázquez publicou a Guía Gastronómica Ourensana.