"CEDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Noceda (As Nogais). Trátase dunha casona antiga que sufriu sucesivas reformas. A fachada principal, no lado S, é de cachotaría cunha portada alintelada que dá acceso a un patio interior cadrado. Conta cunha igrexa con campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. Datada nos ss X-XII, consta dunha nave e catro ábsidas cuadrangulares en que se observan as diferentes épocas en que foron construídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Formou parte da milicia nacional. A súa andaina política comezou no progresismo, e pasou por diferentes tendencias como o autoritarismo (1868), o carlismo (1870) e o absolutismo. Foi deputado en numerosas ocasións entre 1844 e 1872 e ministro da Gobernación (1856-1857). Defendeu a necesidade dunha lei do funcionariado, o dereito da Igrexa a administrar os seus bens, e redactou a Lei da Imprenta (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das apiáceas, de raíz fibrosa, con follas inferiores pinnadas e superiores que xorden da vaíña foliar, flores de cor branca e froitos dorsalmente comprimidos. En Galicia dáse en lugares húmidos a especie P. lancifolium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra do Barbanza, que está situado na parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 545 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Fagundo (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 505 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento situado en Lucenza (Cualedro). Escavado entre 1982 e 1988 por A. Rodríguez Colmenero e C. Carreño Gascón, constatouse a súa ocupación ao redor de 450 a C, cun segundo período de asentamento ao redor de 300 a C e ata comezos do s I. Atópase nun pequeno cumio, adaptado á topografía. O recinto está amurallado, no lado S conta con catro murallas defensivas e no L cun foso. A croa presenta unha muralla ovalada con dous penedos verticais amodo de porta. A maioría das cabanas son de planta circular e carecen de vans. Atopáronse moedas romanas de prata, unha perna de guerreiro esculpida en pedra, restos de pezas de ferro e anacos de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome orixinal do concello de Salceda de Caselas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado no S da provincia de Pontevedra, no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Ponteareas (comarca do Condado), ao S con Tui (comarca do Baixo Miño), ao L con Salvaterra de Miño (comarca do Condado) e ao O co Porriño (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 35,9 km 2 cunha poboación de 7.686 h (2007), distribuída nas parroquias de Entenza, Parderrubias, A Picoña, San Xurxo de Salceda, Santa María de Salceda, Santo Estevo de Budiño e Soutelo. A súa capital é a vila da Esfarrapada, situada a 42° 06’ 06’’ de latitude N e 8° 33’ 23’’ de lonxitude O, que dista 45 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial do Porriño.
    Xeografía física
    O relevo de Salceda de Caselas non presenta demasiados contrastes, agás o extremo setentrional onde se sitúan as maiores alturas, no límite co concello do Porriño. As unidades de relevo posúen unha dirección xeral N-S paralelas á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro, probablemente dúplice, situado en Salceda de Caselas. Fundouno a Raíña Aragonte despois de ser repudiada por Ordoño II, despois de 923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Silvestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pode substituír unha cousa por ter propiedades análogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidad de Sevilla, e doutorada cunha tese sobre José Luis Hidalgo, foi profesora de literatura nesta universidade, así como na Michigan State University (1968-1973), no University College de Dublín (1974-1976) e na Escola Universitaria da Coruña desde 1980. Traballou sobre escritores como R. J. Sender, R. Alberti, J. Guillén, J. R. Jiménez ou R. Dieste e dirixe a Colección Esquío de poesía e a revista crítica La barca de loto. Das súas obras destacan Mariposa en cenizas (1959), Extraña juventud (1962), Sin mucha esperanza (1966), Poemas de Cherry Lane (1968), Campanas en Sansueña (1977), Viejas voces secretas de la noche (1981), Poesía (1991), Del camino de humo (1994) e En el viento, hacia el mar (2002, Premio Nacional de Poesía 2003), antoloxía da súa obra entre 1959 e 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido no Reino de Castela con grandeza de España, en 1610, a Cristóbal Gómez Sandoval-Rojas y de la Cerda, marqués de Cea. Pasou aos Téllez-Girón, duques de Osuna, aos Pacheco, condes da Puebla de Montalbán, aos Fernández de Velasco e outra vez aos Girón, duques de Osuna.

    VER O DETALLE DO TERMO