Saceda, castro de
Saceda, castro de
Xacemento situado en Lucenza (Cualedro). Escavado entre 1982 e 1988 por A. Rodríguez Colmenero e C. Carreño Gascón, constatouse a súa ocupación ao redor de 450 a C, cun segundo período de asentamento ao redor de 300 a C e ata comezos do s I. Atópase nun pequeno cumio, adaptado á topografía. O recinto está amurallado, no lado S conta con catro murallas defensivas e no L cun foso. A croa presenta unha muralla ovalada con dous penedos verticais amodo de porta. A maioría das cabanas son de planta circular e carecen de vans. Atopáronse moedas romanas de prata, unha perna de guerreiro esculpida en pedra, restos de pezas de ferro e anacos de cerámica.