"CERN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico. Realizou estudios de dereito na Universidad de Sevilla e foi lector na Universitè de Toulouse (1928-1929). Residiu en Madrid (1929-1938) e colaborou coas Misiones Pedagógicas da República. Defensor da causa republicana durante a Guerra Civil española, en 1938 exiliouse ao Reino Unido e, finalmente, a México. Pertencente á Xeración do 27, iniciou a súa produción literaria co poemario Perfil del aire (1927), titulado despois Primeras poesías, ó que seguiron Égloga, Elegía, Oda (1928), Un río, un amor (1929), Los placeres prohibidos (1931), Donde habite el olvido (1933) e Invocaciones a las grazas del mundo (1934-1935), reunidos en 1936 baixo o título La realidad y el deseo. En edicións posteriores esta obra integrou Las nubes (1943), Como quien espera el alba (1947), Vivir sin estar viviendo (1949), Con las horas contadas (1962) e Desolación de la quimera (1962)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha globosa que acada os 12 mm de diámetro, de embigo moi marcado e de cor cinsenta. A especie C. virgata está presente nas dunas litorais do S de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de concernir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten relación co que se expresa. OBS: Emprégase seguido da preposición a.
-
-
Corresponder a alguén certa actividade ou función.
-
Ter unha cousa repercusión para alguén.
-
Concepto que fai referencia á adopción de grandes pactos entre as forzas sociais antagonistas para consensuar posicións e crear compromisos respecto a temas globais que transcenden os contidos clásicos dos convenios colectivos. En España, a crise económica e a necesidade de contribuír á consolidación do estado democrático fixeron necesaria a existencia de políticas de concertación social entre goberno, sindicatos e organizacións empresariais desde 1977 a 1984. En 1977 asináronse os Pactos de La Moncloa entre as forzas políticas representadas nas Cortes Generales, o goberno e os sindicatos, co fin de establecer as bases da negociación colectiva salarial, frear o proceso inflacionista e reducir a conflitividade social. A Unión General de Trabajadores (UGT) e a Confederación Española de Organizacións Empresariales (CEOE) asinaron en 1979 outro pacto, que sentou as bases do título que o Estatuto dos Traballadores dedicou á negociación colectiva. En 1981 asinouse o Acuerdo Marco Interconfederal...
-
-
-
Corresponder a alguén certa actividade ou función.
-
Ter unha cousa repercusión para alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode discernir.
-
-
Acción de discernir.
-
Facultade de discernir unha cousa doutra, sobre todo o que está ben do que está mal.
-
Nomeamento xudicial que habilita a alguén para exercer un cargo, como a tutela dun menor ou incapacitado, a vixilancia no proceso de quebra dunha sociedade, etc.
-
-
-
-
Distinguir algo a través dos sentidos.
-
Distinguir unha cousa fixándose nas diferencias que ten con outras.
-
-
Encargar o xuíz, de oficio, a unha persoa a tutela dun menor ou dun incapacitado, ou o exercicio dun cargo determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial aparecida en 1980 en Santiago de Compostela. Destacou na edición de libros de poesía, para o que contou coas autoras María X. Queizán e Helena Villar Janeiro. Ademais, encargouse de agrupar e editar a Obra Literaria Completa (1980), de Fermín Bouza Brey.
-
GALICIA
Xornalista, coñecida como Pilar Cernuda. Directora e analista política da axencia Fax Press e colaboradora nos periódicos La Razón e Micanoa.com. Traballou tamén como comentarista radiofónica e participou en numerosos programas da Cadena COPE, de Onda Cero e Radio Nacional, así como na televisión, especialmente en TVE. Escribiu: Tengo cincuenta años, qué me pasa doctor?, Todo un rey, Crónicas del cambio (1996), El Presidente, Ciclón Fraga (1997), La mujer en la política (2000), 30 de noviembre (2000) e 23F: La conjura de los necios (2001). Publicou, en colaboración, Crónicas de la crispación, Aznarmanía, Los hijos más deseados: un libro útil para recorrer el camino hacia la adopción (1999), Servicios secretos (2000), e, xunto con José Mª Mendiluce, Solidaridad: no es humanitario todo lo que reluce (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non se pode discernir.
-
Principio básico da filosofía de G. W. Leibniz segundo o que dous seres reais se diferencian por uns trazos intrínsecos e non unicamente pola súa situación espacio-temporal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capote ou manto curto de tea grosa, sen mangas e a miúdo provisto de capucha que se poñía sobre a túnica e que se usaba na antiga Roma.
-
-
Lámpada romana de aceite.
-
Abertura pequena na cuberta ou parede dunha construción, para dar claridade e airear.
-
Nome xenérico das imaxes anterior e posterior do diafragma de campo, nun sistema óptico. A lucerna de entrada é a imaxe anterior do diafragma de campo e a lucerna de saída é a imaxe posterior do diafragma de campo.
-
vagalume.
-
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘fiestra’.
-
melga de mar.
-
-
CAPITAIS
Capital do cantón homónimo, Suíza (57.000 h [2001]). Está situada na beira do lago dos Catro Cantóns, na saída do Reuss e ao pé do Pilatus e do Rigi. É, sobre todo, un centro turístico. Fundada no s VII ao redor do mosteiro beneditino de san Leodegario, no s XIII pasou á casa de Habsburgo. Adquiriu importancia coa apertura do paso de Sankt Gotthard en 1220 e, en 1386, despois da Batalla de Sempachs, conseguiu a independencia xunto con todo o cantón. Bastión do catolicismo na época da Reforma, entre 1798 e 1803, durante o dominio napoleónico foi capital de toda Helvecia. Conserva vestixios medievais, como a Ponte da Capela, do s XIV, destruída nun incendio en 1993 e reconstruída ao ano seguinte, a Torre da Auga e unha colexiata dos ss XIV-XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Suíza central (1.493 km2; 351.500 h [2000]). A súa capital é Lucerna. Esténdese pola zona de contacto dos Alpes co Mittelland. É a continuación do altiplano bernés, e constitúe unha rexión de outeiros morénicos e montañas medianas, con profundos vales chans. A poboación, de lingua alemana, concéntrase en máis do 50% na aglomeración da capital. A economía é agrícola e de gandería bovina, o clima é relativamente moderado e o turismo ten importancia. Foi un dos catro cantóns (Waldstätten) que se uniron á Confederación Helvética en 1332. En 1386, acadou a independencia xunto coa da capital e foi gobernado por unha oligarquía a partir do s XVI. Despois do breve dominio napoleónico, nun momento de loitas de relixión, formou parte da Alianza do Sonderbund, vencida e disolta en 1847.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Antigo rito cristián que se celebraba o sábado ao anoitecer, e que consistía na bendición do lume. Deste rito deriva o oficio das vésperas.
-
-
Abertura ou bufarda que se utilizaba como acceso ás catacumbas romanas, e que lles daba claridade e as ventilaba.
-
Abertura ou bufarda nunha cuberta, que servía para dar claridade ou ventilar un espazo na arquitectura romana.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lucernarios.
-
Medusa do grupo dos lucernarios.
-
Grupo de medusas que teñen forma de cáliz e se fixan o substrato mediante un disco adhesivo. O xénero máis coñecido é Lucernaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Copeiro das cortes bárbaras e, posteriormente, dalgunhas cortes episcopais como a de Trento e Feltre.
-
LAGOS
Lago de Suíza (114 km2) situado a 434 m de altitude, na zona de contacto da Suíza alpina e a Suíza media. Atravésao o Reuss, afluente do Aare. A cidade máis importante da súa ribeira é Lucerna.
VER O DETALLE DO TERMO