"CY" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 139.

  • Xénero de plantas dioicas da familia das cicadáceas, de ata 4 m de altura, con follas pinnadas e resistentes de ata 1 m de lonxitude e de cor verde escura. As flores son pequenas e amarelas, e están dispostas en inflorescencias, que dan lugar a froitos comestibles. Comprende unhas dezaseis especies propias da zona tropical sueste asiática, entre Madagascar e a Polinesia. En Galicia cultívase a especie C. revoluta como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das primuláceas, coñecidas co nome de ciclaminos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos maxilópodos de pequenas dimensións, co corpo alongado e formado por un cefalotórax, máis ou menos ovalado, e un abdome cilíndrico. Viven nas augas doces e son, coma todos os copépodos, uns dos principais compoñentes do zooplancto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos cicloptéridos ao que pertence o roncador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos gnotostomátidos ao que pertencen o facho común e o facho menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das rosáceas ao que pertence o marmeleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista flamengo. Foi discípulo de Barthélemy Guibal, a quen sucedeu como escultor de cámara do Rei Estanislao de Polonia (1757). Cultivou a cerámica e abriu unha fábrica de porcelana en Hastierres-Lavaux (1785). No ano 1798 Luís XV concedeulle o privilexio para fabricar estatuas de louza e barro cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación do Cisne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos anátidos ao que pertencen os cisnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos mariños de cuncha de ata 8 cm, alongada, de cor clara, cunha gran canle sifonal e un labio groso e dentado. En Galicia está presente a especie C. corrugatum, que vive no infralitoral en fondos areosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das escrofulariáceas, de ata 60 cm de lonxitude e follas glabras, de nervación palmiforme, alternas e pecioladas, semellantes ás follas das hedras, feito que dá orixe á denominación de hedriña das paredes. As flores son de cor violeta e presentan unha prolongación tubular e a gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada de cor branca cunha gran mancha amarela, que dan lugar a froitos en cápsula. Aparecen en paredes vellas e húmidas e nas fendas das rochas. En Galicia está presente a especie C. muralis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles mariños da familia dos sastasáuridos, de ata 10 m de lonxitude e de corpo estreito, mandíbulas alongadas de dentes pequenos e numerosos, e patas curtas transformadas en aletas. Son propios de finais do Triásico e os xacementos máis importantes están localizados en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas mariñas da familia das cimodoceáceas. De rizoma longo e cor vermella, en cada nó posúen entre dúas e cinco follas estreitas de 2 a 10 cm de lonxitude e flores unisexuais, illadas e reducidas (as masculinas a 2 estames unidos e as femininas a 1 ou 2 carpelos libres); a polinización é hidrógama. No litoral mediterráneo está presente a especie C. nodosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bardo. Foi un dos principais poetas da corte do príncipe Powys e escribiu poemas relixiosos, bélicos e elexías nas que, seguindo a tradición bárdica, empregou unha linguaxe deliberadamente arcaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta escocés. Compuxo catro dos poemas conservados no Exeter Book e no manuscrito de Vercelli. O seu nome apareceu en caracteres rúnicos entre os versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galeopithecus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cánidos de ata 1 m de lonxitude, con fociño curto, corpo alongado e cola grosa. As patas presentaban cinco dedos e tiñan unhas garras parcialmente retráctiles. Propios de finais do Oligoceno e principios do Mioceno, os xacementos máis importantes están en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das poáceas ao que pertence a grama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles depredadores da suborde dos cinodontos, de ata 1 m de lonxitude, cunha cabeza que acadaba máis de 30 cm de longo. Son propios de principios do Triásico e os xacementos máis importantes están localizados en Sudáfrica e América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das poáceas, con follas planas e inflorescencias en panículas mestas. En Galicia están presentes as especies: C. cristatus, propia de lameiros e prados; e C. echinatus, propia de sebes, terreos incultos e muros.

    VER O DETALLE DO TERMO