Cynodesmus

Cynodesmus
[PALEONT]

Xénero de cánidos de ata 1 m de lonxitude, con fociño curto, corpo alongado e cola grosa. As patas presentaban cinco dedos e tiñan unhas garras parcialmente retráctiles. Propios de finais do Oligoceno e principios do Mioceno, os xacementos máis importantes están en EE UU.

Palabras veciñas

Cyndelw, Brydydd Mawr | Cynewulf | Cynocephalus | Cynodesmus | Cynodon | Cynognathus | Cynosurus