"Calde" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 91.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre. Aínda que non era galego, exerceu a docencia na parroquia de Millereda (Forcarei) dende 1928. O 31 de maio de 1931 fundou e dirixiu, xunto co artista Virxilio Blanco, a revista quincenal Alborear.
-
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Catedrático de Dereito do Traballo na Universidad Central de Venezuela. Fundou en 1942 o partido Acción Nacional, que máis tarde formou parte do partido socialcristián denominado Comité de Organización Política Electoral Independiente (COPEI). Ocupou o cargo de presidente da República entre 1968 e 1974, mandato no que legalizou o Partido Comunista e asinou o Protocolo de Trinidad, no que se estableceron as fronteiras con Guyana. Entre 1994 e 1999 foi elixido novamente presidente como candidato independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papirólogo e editor de textos clásicos italiano. Foi profesor na Università Cattolica di Sacro Cuore de Milán, onde fundou o Istituto di Papirologia e a revista Aegyptus. Entre os seus traballos destaca o Trattato di papirologia (Tratado de papiroloxía).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade do granate.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe castelá que se estendeu por Cantabria, León, Castela, Andalucía, Extremadura, Perú e Arxentina. En Galicia esta caste asentouse en Verín, Padrón, Santa María de Pesqueiras, concello de Chantada, e en Castroverde. A esta familia estiveron vinculados os títulos de marqueses de Siete Iglesias, de Casa Calderón, de Algara de Gres, de Reinosa, os de condes da Oliva, de San Juan e de Villanueva de la Barca. Membros desta estirpe ingresaron nas ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e San Xoán de Xerusalén. As súas armas levan, en campo de prata, cinco caldeiros de sable, postos en aspa; bordo de goles, con oito aspas de ouro. Outros traen, en campo de ouro, cinco caldeiros de sable, postos en aspa con cadansúa bandeira de goles. Algúns heraldistas recollen para a rama galega outras dúas variantes: en campo de ouro, dous caldeiros de sable postos en pau e bordo de goles con oito aspas de ouro; en campo de azul, un caldeiro axadrezado de ouro e goles, e bordo tamén axadrezado...
-
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou filosofía e letras na Universidad de Madrid e foi profesor da Institución Libre de Enseñanza de Madrid. Foi redactor de varios xornais republicanos, dirixiu La Justicia dende a súa fundación ata 1888 e publicou 23 artigos no BILE. Posteriormente recompiláronse algúns dos seus artigos que se publicaron cos títulos de A punta de pluma e De mis campañas y Nonadas. Tamén publicou, entre outras obras, Movimiento novísimo de la filosofía natural en España (1879) e Lecciones sumarias de psicología, en colaboración con Giner de los Ríos e Soler.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista. En 1874 gañou a cátedra de Historia Natural do Instituto de Las Palmas, pero con motivo do decreto de Orovio de 1875 foi suspendido de emprego e soldo. Regresou á Península e foi un dos membros fundadores da Institución Libre de Enseñanza, na que colaborou con 48 artigos. No 1877 trasladouse ás universidades de Xenebra, Viena, Múnic e París para ampliar coñecementos. En 1887 gañou a cátedra de Historia Natural na Universidad de Sevilla e en 1895 a de Mineraloxía na Universidad de Madrid. Os seus traballos máis importantes son de xeoloxía e publicou, entre outras obras: Enumeración de los vertebrados fósiles en España (1877), La evolución terrestre (1881) e Los minerales de España (1910), onde dedica especial atención aos xacementos de minerais en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Estudiou cos xesuítas en Madrid e nas universidades de Alcalá de Henares e Salamanca. Serviu como soldado en Flandres e Lombardía e participou na campaña contra os segadores cataláns. En 1651 ordenouse sacerdote e desempeñou varios cargos eclesiásticos, sendo nomeado capelán maior da Congregación de Presbíteros Naturales de Madrid (1666). Considérase, xunto con Lope de Vega, a figura máis importante do teatro español do século XVII. A crítica recoñeceu dúas direccións na súa produción dramática: por unha banda sitúanse as pezas que responden ao modelo de comedia divulgada por Lope de Vega, con trazos distintivos como a concisión, o enriquecemento técnico ou a simplificación da trama. Pola outra, aquelas obras consideradas paradigma do sistema estético barroco, debido á asimilación da gravidade reflexiva que se espallou a partir da ideoloxía da Contrarreforma. A súa extensa obra clasifícase en distintos xéneros. Na liña de Lope, escribiu comedias de capa e espada (Casa con...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político costarriqueño. Formado en dereito, participou dende moi novo na vida política costarriqueña, a pesar de ter nacido en Nicaragua, onde seu pai, Rafael Ángel Calderón Guardia, estaba exiliado. Fundador do Partido Social Cristiano, foi ministro de Asuntos Exteriores e membro do Consello de Seguridade Social entre 1978 e 1982. Presentouse ás eleccións presidenciais en 1982 e 1986, sen embargo, só chegaría a ocupar este cargo entre 1990 e 1994. A súa política caracterizábase por potenciar as privatizacións sen esquecer as melloras de carácter social.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político costarriqueño. Líder do Partido Republicano Nacional (PRN), foi deputado e presidente da Cámara ata ser elixido en 1940 presidente da República. Durante o seu mandato, que se prolongou ata 1944, declarou a guerra aos países do Eixe. En 1948 o seu partido perdeu as eleccións presidenciais, mais ao ter a maioría no Parlamento as eleccións foron declaradas nulas, co que se iniciou unha guerra civil. En 1949 viuse obrigado a exiliarse a Nicaragua, desde onde dirixiu numerosos intentos de golpe de estado. Regresou ao seu país en 1958, cando foi elixido deputado polo Partido Republicano Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político salvadoreño. Doutorado en Xurisprudencia e Ciencias Sociais pola Universidad de El Salvador fundou, en 1981, o partido Alianza Republicana Nacional (ARENA). Deputado na Asamblea lexislativa en 1985, alcalde da cidade de San Salvador entre 1988 e 1994, chegou á presidencia da República no ano 1994, nas primeiras eleccións libres que se produciron en El Salvador tras doce anos de Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia fundada por Saturnino Calderón y Collantes , quen casou con Petra Herce Varela, da casa de Figueras de San Pedro de Folladela (Melide), unha importante casa galega con numerosos intereses e propiedades nas catro provincias e que contaba entre os seus membros con comerciantes, rexedores e marqueses. Este casamento permitiulle a Saturnino Calderón y Collantes colocar o seu irmán, Fernando Calderón y Collantes, como deputado polo distrito de Celanova, outra das áreas de influencia dos Herce. Da unión con Petra Herce Varela naceron dous fillos: Manuel Calderón y Collantes Herce e Pedro Calderón y Collantes Herce, herdeiros do posto de deputado por Ordes o primeiro e por Celanova o segundo. En 1875, o Rei Afonso XII concedeu o marquesado de Algara de Gres (Lalín) a Manuel Calderón y Collantes Herce en atención aos méritos do seu pai. Non obstante , a morte sen descendencia deste converteu o seu sobriño Pedro Calderón Ceruelo en segundo marqués de Algara de Gres, quen...
-
PERSOEIRO
Político conservador. Foi deputado polo distrito de Celanova, senador vitalicio, ministro de Gracia e Xustiza no goberno de O’Donnell (1865) e presidente do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi membro da Academia de Ciencias Morales dende 1871 cun discurso sobre El derecho del estado para castigar y la legitimidad de la pena de muerte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político moderado. Foi deputado polo distrito de Ordes, procurador en Cortes, senador vitalicio e ministro da Gobernación durante o réxime moderado do xeneral Narváez (1843-1854), cargo no que se mostrou como un hábil diplomático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político colombiano. Maxistrado do Tribunal de Boyacá, director de Instrución Pública e deputado na Asamblea por esta rexión. Maxistrado da Corte Suprema, secretario de goberno e de relacións exteriores. Entre 1904 e 1906 ocupou o ministerio de Asuntos Exteriores para máis tarde ser cónsul xeral de Colombia en Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Actriz castelá. Coñecida co alcume de La Calderona, xa aparece mencionada nos documentos dende o ano 1623.
-
PERSOEIRO
Político. Foi o home de confianza do duque de Lerma desde 1598. Obtivo diversos cargos na corte e acadou unha gran fortuna. Entre 1612-1614 foi embaixador extraordinario nos Países Baixos. Filipe III fíxoo conde de Oliva e marqués de Siete Iglesias. Non obstante , ao caer Lerma (1618) foi encarcerado, acusado de diversos crimes e de corrupción administrativa, e finalmente executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é característico de Pedro Calderón de la Barca.
-
Que se asemella aos temas ou estilo das súas obras.
-
-
PERSOEIRO
Narrador, periodista e debuxante. En 1936 deuse a coñecer en L’Esquella de la Torratxa e publicou a colección de contos El primer arlequí (O primeiro arlequín) e a novela La glòria del doctor Larén (A gloria do doutor Larén). Exiliouse a Francia e despois a México ata 1963, onde desenvolveu tarefas periodísticas e editoriais. Da súa produción destacan as obras: Gent de l’alta vall (Xente do alto val, 1957), El desordre públic (A desorde pública, 1985) e Cròniques de la veritat oculta (Crónicas da verdade oculta, 1954). Postumamente, publicouse Cartes d’amor (Cartas de amor, 1996). Foi galardoado co Premi de Honor de les Lletres Catalanes (1986) e investido doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1992).
VER O DETALLE DO TERMO