"Carmen" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 51.

  • GALICIA

    Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Publicou numerosos relatos e ensaios literarios en diversas publicacións, como Andaina, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo e Festa da Palabra Silenciada. Da súa produción destacan o libro de relatos curtos Diario do mimo (1989), que se dividiu en “Contos” e “Caderno inédito”, e en que se analizan dun xeito intimista un conxunto de historias moi suxestivas; o ensaio “Códice Calixtino” de Luz Pozo (1992) e A Casa de Limpias (1994), ademais de participar no volume colectivo Castelao: 1886-1986 (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e artista chilena. Coñecida como Violeta Parra e de familia humilde, aos doce anos compuxo as súas primeiras melodías. Desde 1952 dedicouse a percorrer zonas rurais para recompilar e gravar música folclórica. Coas súas melodías, de profundo contido humano, conseguiu redescubrir aspectos da cultura popular e borrar algunhas das visións estereotipadas de América Latina. En 1954 viaxou por Europa, onde gravou diversos discos, nunha viaxe que repetiu en 1961, desta volta acompañada dos seus fillos e cos que ofreceu diversos recitais, entre outros, na UNESCO. Iniciada no mundo da pintura, especialmente o óleo, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular de Concepción e foi a primeira artista sudamericana en expoñer individualmente no Museé Des Arts Décoratifs Palais du Louvre (1964). Recibiu o Premio Caupolicán como mellor folclorista (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Pamen Pereira, licenciouse en Belas Artes (1986) e ampliou estudos en Xapón. Participou no colectivo De Galicia (Madrid, 1988). O seu estilo evolucionou desde a figuración expresionista ata unha mecánica naturalista. Nas súas instalacións empregou materiais como o alcatrán, a masa de pan, a feluxe, a cera ou a auga sobre o papel, e realizou composicións en que mesturou a corda, a estopa ou as fotografías en cor. Da súa produción destaca a serie Chagas abertas da natureza e a alma (1988) e as obras Antoloxía hidráulica (1987), Puente para río circular (1991), Follabosque (1992), O lume do filántropo (1993), Música do baleiro (1994) e Rueda de fuego (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señora de Meirás. Educada no puritanismo católico, casou en 1923 con Francisco Franco Bahamonde. Co acceso do seu home á xefatura do estado (1939), exerceu como primeira dama e, aínda que se mantivo á marxe da actividade política, parece que exerceu unha influencia directa sobre Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafa, irmá de Roberto Quintero. Coñecida como Mary Quintero, aplicou os seus coñecementos pitóricos para retocar as súas primeiras imaxes en branco e negro. Especializada na arte do retrato fotográfico, impartiu diversos cursos en España, México, Portugal, Rusia e Venezuela. Recoñecida como a primeira muller Maestra Fotógrafa de España, foi galardoada coa Medalla de Oro da Asociación de Sevilla e coa Medalla de Bronce de Galicia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médica. Directora xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi coordinadora do Plan Autonómico de Urxencias, presidenta da Comisión Asesora Técnica da Consellería de Sanidade e directora técnica da División 061 de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz da Soberana Orden Militar de Malta e a Medalla de Oro de San Juan de la Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista. Cunha traxectoria marcada polo encarceramento do seu pai na época franquista, formou parte do equipo fundador da revista Cambio 16 e colaborou en Diario 16, Historia 16 e Marie Claire. Escribiu Cómo ser mujer y no morir en el intento (1990), Cuernos de mujer (1992) e Fin de fiesta (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia (1991) pola Universidade de Santiago Compostela. Publicou La educación ambiental en la E.X.B. e E.E.M.M. (1988), El Bajo Miño en el siglo XV: el espazo y los hombres (1991), Río Tinto, 1888: La cuestión de humos (1993) e El Bajo Miño en el siglo XV. El espazo y los hombres (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. De nome María del Carmen García Galistero, en 1948 debutou no cine con Jalisco canta en Sevilla. Da súa filmografía destacan La fierecilla domada (1956), King of Kings (1960), Anthony and Cleoptatra (1972) e La loba y la paloma (1973). En televisión presentou diversos programas como Telecupón (1991-1997) e, desde 2004, Cine de barrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e mestra, irmá de Dora Vázquez. Coñecida como Pura Vázquez, foi secretaria da Escuela de Periodismo da Universidad Central de Caracas e encargada do Archivo Fotográfico do Instituto Nacional de Cooperación Educativa. Colaborou en diversas publicacións periódicas, como ABC, Estafeta Literaria, La Noche, Posío, La Voz de Galicia e La Zarpa. A súa obra, fundamentalmente poética, caracterízase polo lirismo, a relixiosidade e o intimismo, con certas doses de preocupación social e o emprego dalgúns tópicos de carácter romántico. É autora de Íntimas (1952), Maturidade (1955), A saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971), Verbas da edra no vento (1992) e Zodíaco, opúsculo (1992). No eido da literatura infantil, de trazos moralistas e clásicos, destacan os poemarios Versos pra os nenos da aldea (1968) e A música dos tempos (2002), ademais da narración “Segundo Pereira”, incluída no...

    VER O DETALLE DO TERMO