"Chen" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Participou na Guerra de Independencia (1821) e foi elixido presidente en 1851. De política conservadora, promulgou unha lexislación nacionalista oposta ás pretensións inglesas e norteamericanas sobre o guano. Foi derrotado en La Palma por unha revolta liberal (1855). Posteriormente, presidiu o Senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Como poeta romántico desenvolveu os temas do amor, da patria e da morriña. Tamén escribiu obras de teatro e novelas. Da súa produción destaca Das Marmorbild (A estatua de mármore, 1815), Aus dem Leben eines Taugenichts (Episodios da vida dun folgazán, 1826) e Schloss Durande (O castelo de Durande, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Bosch i Gimpera en 1915 a un dos estilos pitóricos da cerámica ibera atopada na parte meridional do País Valencià e Murcia. Caracterízase polas figuras simbólicas, de dimensións considerables, humanas ou de animais, con elementos decorativos florais, vexetais e xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. enchedela.

    2. Indixestión ou empacho causado por comer e beber moito.

    3. Crecida dun río, torrente ou calquera outro curso de auga.

    4. Fase da marea en que as augas alcanzan o nivel máis alto.

    5. Fase da lúa crecente.

    6. Gran cantidade de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e director alemán. Estudiou en Colonia e en Hamburgo e destacou como intérprete de Mozart e Beethoven. Dende 1973 dedicouse á dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wolfran von Eschenbach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estima esaxerada que alguén ten de si mesmo e actitude que a demostra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten ou amosa fachenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo ao que chegaron a Santa Sé e España en 1640 polo que se restableceron as actividades do nuncio apostólico en Madrid, tralo peche da nunciatura e a retención das bulas pontificias que ordenou Filipe IV un ano antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Liaoning, en Manchuria (193.784 h [1991]). Foi o principal centro produtor de cerámica chinesa entre os ss VII e IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr, ao NL de Essen e ao NO de Bochum (281.979 h [2000]). Esténdese por un val aberto e amplo, preto do canal Herne-Rin, que enlaza con Duisburg. Xurdida a mediados do s XIX dunha aldea agrícola de 1.000 h, desenvolveuse como unha cidade mineira e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga moeda de Alemaña e Austria.

    2. Moeda fraccionaria austríaca que equivalía á centésima parte dun xilín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do Himalaia, situado na fronteira de Nepal co estado de Sikkim, India. Cos seus 8.586 m de altitude é o terceiro monte máis alto do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá (178.420 [1996]). É a principal cidade dun grupo de núcleos industriais, centro financeiro dunha das áreas máis densamente poboadas do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Immanuel Kant publicada en 1788. Despois de establecer os límites do coñecemento humano en Kritik der reinen Vernunft, esta nova crítica tiña o obxectivo de demostrar se o uso teórico da razón estaba limitado polos obxectos da experiencia. Nela examinou as condicións a priori do feito moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shandong, China, situada ao O de Jinan, no Gran Canal Da Yunhe (207.844 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S da chaira do Guadalquivir, drenado polo río Corbones (17.800 h [2001]). É un centro comercial e agrícola, con cultivos de cereais e oliveiras. Destaca a produción de viño e aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista. Foi campioa de España de natación desde 1986 ata 1993 en 200 metros costas. Foi cuarta na Copa de Europa (Sabadell, 1989), participou no campionato do mundo en Perth (1991) e obtivo a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Coñecido como El abate Marchena, recibiu as ordes menores en Sevilla e escribiu Aviso al pueblo español, en que convidaba os seus concidadáns a unirse á Revolución Francesa. Formou parte dun comité español encargado de introducir as ideas republicanas no Estado español. Xosé Bonaparte nomeouno director de La Gaceta e arquiveiro do Ministerio do Interior. En 1820 foi expulsado de Sevilla polas súas ideas extremistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (263.697 h [2000]). Está situada na conca de Colonia, ao NO desta capital. É un centro de industrias téxtiles, fundicións de ferro e construcións mecánicas. Destaca a súa igrexa abacial dos ss XI-XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO