Mönchengladbach
Mönchengladbach
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (263.697 h [2000]). Está situada na conca de Colonia, ao NO desta capital. É un centro de industrias téxtiles, fundicións de ferro e construcións mecánicas. Destaca a súa igrexa abacial dos ss XI-XIII.