"Chur" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 47.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das igrexas protestantes de Inglaterra e de Gales que non forman parte da Igrexa de Inglaterra. Comprenden non só o grupo integrado na Free Church Federation (1940), senón outros que sosteñen a imposibilidade dunha unión permanente entre Igrexa e Estado.
-
REXIÓNS
Rexión situada no NL de China que comprende os sheng de Jilin, Liaoning e Heilongjiang (786.400 km2; 106.550.000 h [2000]). A capital é Shenyang. O centro da rexión é unha chaira ondulada regada polo Changpai e o Ussuri. O clima é frío. Os principais cultivos son o millo e a soia. Destacan a pesca, as industrias siderúrxicas e a maquinaria diversa. Escasamente poboada polas tribos nómades de orixe tungús, no s X a dinastía Liao fíxose co control das chairas do N de China e no s XII fixérono os Xin. Os mongois da dinastía Iuan conquistaron Manchuria, pero no s XVI tribos independentes formaron un imperio que se estendeu entre o mar e o río Amur. En 1644 os manchús atravesaron a Gran Muralla, ocuparon Pequín e instauraron a dinastía manchú dos Xing. Rusia, que aspiraba á colonización de Manchuria desde o s XVI, estableceu polo tratado de Nerčinsk (1689), unha fronteira ao longo do río Amur. A finais do s XIX Xapón disputoulle o territorio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
manchú.
-
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India, situada entre os ríos Krishna e Tungabhadra (157.477 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou e traballou na Universidade de Berlín ata que, en 1935, abandonouna forzado polos nazis. Fixo contribucións en teoría de grupos, de matrices, ecuacións alxébricas e ecuacións integrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e coleccionista de arte alemán. Administrador da galegía de arte Gallery Schümann&Kicken e profesor de fotografía en Aachen, reuniu, xunto coa súa muller, unha das máis importantes e premiadas coleccións de arte contemporánea estadounidense e alemá das décadas de 1980 e 1990. A partir dela organizou mostras como Temporaray Translation(s) (1994) ou Köln bis Hamburg (1997-1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista austríaco. Foi profesor nas universidades de Estrasburgo, Friburgo de Brisgovia, Marburg e Ratisbona. Dedicouse á crítica literaria de autores españois como Cervantes e Unamuno. Especialista en dialectoloxía italiana, traballou sobre os problemas da ditongación das diversas linguas románicas.
VER O DETALLE DO TERMO