Schürr, Friedrich

Schürr, Friedrich

Romanista austríaco. Foi profesor nas universidades de Estrasburgo, Friburgo de Brisgovia, Marburg e Ratisbona. Dedicouse á crítica literaria de autores españois como Cervantes e Unamuno. Especialista en dialectoloxía italiana, traballou sobre os problemas da ditongación das diversas linguas románicas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Constanza