"Cione" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende gornicións para cabalerías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial fundado na Coruña en 1985 e presidido por Francisco Rodríguez Iglesias. Está formado por Hércules de Edicións en Galicia, Hércules Astur de Ediciones en Asturias, Publicaciones Comunitarias en Andalucía e mais a Fundación Rodríguez Iglesias, establecida en 1997. O seu labor fundamental céntrase na difusión do Proxecto Galicia, conformado por 50 tomos que atenden as áreas de historia, xeografía, cartografía, antropoloxía, literatura, arte e natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 11 de xaneiro de 1907 cando era ministro de Instrución Pública Amalio Gimeno. O artigo 1 de fundación determinaba como competencias o servizo de ampliación de estudios dentro e fóra de España, as delegacións a congresos científicos, o servizo de información estranxeira e relacións internacionais en materia de ensino, o fomento dos traballos de investigación científica e a protección das institucións educativas no ensino secundario e superior. O primeiro regulamento foi publicado o 16 de xuño de 1907. A JAE naceu dentro do espírito gineriano de “europeizar” España e a súa composición orixinal reflicte a influencia da ILE (Santiago Ramón y Cajal, Gumersindo de Azcárate, Xosé Casares Gil, Ramón Menéndez Pidal e Eduardo Vicenti, entre outros). Entre 1906 e 1936 levou a cabo un fecundo labor de extensión cultural ao enviar como bolseiros ao estranxeiro a centos de mestres e inspectores. Aspirábase á formación do persoal docente e a...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal con sede en Madrid. Fundado en 1877 por Antonio Cánovas del Castillo, con fins didácticos, para o ensino da arte, a súa colección reúne obras escultóricas que abarcan desde a Antigüidade ata o s XIX, moitas delas copias conseguidas pola técnica do baleirado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
PRISA.
-
PUBLICACIÓNS
Serie de cadernos monográficos editados en Vigo a partir de 1978. Incluían información sobre diversos santuarios e castros de diferentes concellos galegos, notas sobre escavacións e prospeccións arqueolóxicas, e localizacións de petroglifos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cóengo beneficiado, e algunhas veces laico, con dereito a unha parte de alimentos ou de vestiario dos bens comúns dunha comunidade.
-
Sacerdote ou beneficiado que, pola acta de fundación do mosteiro, catedral ou colexiata, consta que ten dereito ás porcións ou reparticións comúns.
-
-
Persoa que distribúe as racións nunha comunidade ou nunha tropa.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, enxeñeiro e economista. Publicou diversos ensaios como Del paro al ocio (1984), La Mediterrània i els bàrbars del Nord (1985), Art i ciència (1987), Oriente y Occidente. Filosofía material y dilemas occidentales (1994) e Memorias de Califòrnia (1988); as novelas Cercamón (1982, Premi Prudenci Bertrana 1981), Raimon o el seny fantàstic (1985) e La forja de l’exili (1985); a escolma de relatos Els àngels quàntics (1986) e La sonrisa de la Gioconda (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuidora cinematográfica fundada por Albino Francesch en 1920 que abrangueu todo o territorio galego e mantivo de xeito regular as súas actividades durante o período franquista. Posuíu tres salas de cine e foi a única firma galega que durante eses anos importou películas de forma ocasional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías que recolle producións da corte de Alfonso V de Aragón en Nápoles entre 1460 e 1463, e que debe o seu nome por comezar cun poema de Lope de Stúñiga. Escrito en latín, italiano, catalán, castelán e galego, contén 162 composicións de 39 autores, entre os que destacan Juan de Dueñas, Juan de Andújar, Fernando de la Torre, Juan de Mena, o marqués de Santillana e o galego Xoán Rodríguez de la Cámara (1395-1450).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1963 por Raimundo Susaeta. Destaca na edición de libros infantís e xuvenís no mercado español e unha das principais editoriais de libros de cociña, xardinaría ou bricolaxe.