Revista de Dialectología y Tradiciones Populares
Revista de Dialectología y Tradiciones Populares
[PUBLIC]
Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.