"Conso" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 53.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de consolo.
-
GALICIA
Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non pode ser consolado ou que non ten consolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre consoantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
INTELSAT
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de todas as persoas que litigan conxuntamente formando unha soa parte. Pode ser activo, entre actores e demandados; pasivo, entre demandados ou procesados; facultativo, realizado polas partes según a súa vontade, ou necesario, cando é determinado pola lei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que litiga conxuntamente con outra e forma unha soa parte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Articulación intermedia entre fricativa e vogal que se produce durante a emisión do primeiro membro pechado dun ditongo. Compórtase como unha rápida transición entre un estado de máxima pechazón e outro de máxima abertura, que se corresponde coa vogal que forma o núcleo do ditongo silábico; por exemplo, [j] en piano [‘pjano].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á semiconsoante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta perenne, de ata 60 cm de altura, con rizoma groso do que xorden talos angulosos. Ten follas ovais, sésiles e de cor verde clara, as flores tubulares e cor branca verdosa dispostas sobre pedúnculos finos nas axilas das follas e froito en baga negra azulada cando madura. Florece entre maio e xuño en lugares sombrizos. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Sassetta, foi autor do políptico (1437), hoxe desmembrado, e do altar maior da catedral de Borgo San Sepolcro, co que mostrou un coñecemento das innovacións en perspectiva introducidas pola escola florentina. É autor tamén dun tríptico da Virxe co neno, san Martiño e o pobo (1433) e Visión de San Tomé que mostran a influencia de Duccio e S. Martini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Vilariño de Conso, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Viana situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no L da provincia de Ourense (42° 09’ 40’’ N - 7° 11’ 00’’ O). Limita ao N cos concellos de Chandrexa de Queixa e Manzaneda (comarca da Terra de Trives) e O Bolo (Valdeorras), ao L co de Viana do Bolo (Viana), ao S co da Gudiña (Viana) e Castrelo do Val (Verín), e ao O co de Laza (Verín). Abrangue unha extensión de 200,2 km 2 cunha poboación de 727 h (2007) distribuída nas parroquias de Castiñeira, Chaguazoso, Conso, Mormentelos, Pradoalbar, Sabuguido, San Cristovo, San Mamede de Hedrada, Veigas de Camba, Vilariño de Conso. A capital é Vilariño de Conso, na parroquia homónima. Está a 240 km de Santiago de Compostela e a 137 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial da Pobra de Trives.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello é un dos máis accidentados de Galicia, pois ao estar situado no corazón do macizo central ourensán. Caracterízase pola...