"Daniel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 97.

  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou facendo teatro nas compañías Bristol Old Vic e Bristol Arts Centre. En cine realizou pequenos papeis secundarios a principios dos anos setenta, como no filme Sunday, Bloody Sunday (Domingo, maldito domingo, 1971). A súa carreira consolidouse na década dos oitenta nas películas My Beautiful Laundrette (A miña fermosa lavandería, 1985) e The Unbearable Lightness of Being (A insoportable levidade do ser, 1987). Outros filmes nos que participou son: My Left Foot (O meu pé esquerdo, 1989), co que gañou un Oscar; Last of the Mohicans (O derradeiro mohicano, 1992), The Age of Innocence (A idade da inocencia, 1993) ou In the Name of the Father (No nome do pai, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e dirixente socialista. Marchou a Nova York en 1872 e doutorouse en Ciencias Politicas pola Universidade de Columbia (1878), na que obtivo unha cátedra. No 1887 ingresou nos Knights of Labor, a principal organización obreira dos EE UU, e dende o comezo destacou como orador e publicista. En 1890 abandonou a súa carreira académica e ingresou no Socialist Labor Party (Partido Socialista Laborista, SLP). Neste partido ocupouse inicialmente do diario The Daily People, pero pronto accedeu a unha posición de liderado, cargo que exerceu de xeito autoritario ao tempo que defendeu unha orientación marxista. Os membros descontentos coa súa actuación abandonaron o partido e integráronse no Social Democratic Party de Eugene Debs. No 1905 uniuse con Debs e outros líderes obreiros en Chicago para constituír unha nova central sindical, a Industrial Workers of the World (Traballadores da Industria do Mundo, IWW), coa esperanza de que se convertese nun vehículo da loita de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Estudiou interpretación na Wilfred Academy of Hair and Beauty Cultura e iniciouse no cine con pequenos papeis, como o que protagonizou na película One Flew Over the Cuckoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975). Outros traballos seus como actor son: Romancing the Stone (Tralo corazón verde, 1984); The Jewel of the Nile (A xoia do Nilo, 1985); Throw Momma From the Train (Guinda a mamá do tren, 1987), da que tamén é o director; The War of the Roses (A guerra dos Rose, 1989), película que tamén dirixiu; Batman’s Returns (Batman volve, 1992); Matilda (1995), outra das súas producións; ou Heist (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nun principio dedicouse a actividades comerciais. En 1685 participou nunha rebelión fallida contra Xaime II e en 1688 uniuse ao exército de Guillerme II. Durante o reinado da Raíña Ana escribiu, en defensa dos puritanos, o panfleto The Shortest Way wich the Dissenters (O xeito máis rápido de acabar cos disidentes, 1702), feito polo que o encarceraron. No reinado de Xurxo I foi o xornalista político, de signo liberal, máis importante da época. Para mellorar a súa situación financeira comezou a escribir obras de temática moi variada. Escribiu varios libros de narracións de aventuras, como Memoirs of a Cavalier (Memorias dun cabaleiro, 1720), The Life of Captain Singleton (A vida do capitán Singleton, 1720) e Memoirs of Captain Carleton (As memorias do capitán Carleton, 1729). Non obstante , a súa importancia como escritor vén dada, sobre todo, por The Life and Strange Adventures of Robinson Crusoe (A vida e as estrañas aventuras de Robinson...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Director de El Eco Franciscano, colaborou en distintas publicacións da época e destacou como orador. Publicou as obras Método breve y manual de canto litúrgico (1910) e La orden de las monjas clarisas en sus diferentes ramificaciones (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Comezou no sector audiovisual coa longametraxe A outra muller (1982), realizada en soporte magnético. En 1986 dirixiu, xunto con Uxía Blanco, a curtametraxe O segredo, en 35 mm. Despois dun período dedicado ao ensino na Escola de Imaxe e Son da Coruña, o seu labor orientouse fundamentalmente á elaboración de guións, tanto para producións cinematográficas como televisivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. En 1709 ideou o termómetro de alcohol e en 1714 substituíu o alcohol dos termómetros polo mercurio, e nestes introduciu a escala que leva o seu nome en 1716. En 1724 nomeárono membro da Royal Society de Londres. Realizou importantes descubrimentos sobre a temperatura de ebulición dos líquidos, a solidificación da auga no baleiro e o peso específico dos corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xesuíta italiano. Ordenado sacerdote en 1722, foi destinado a Padua para traballar xunto ao padre Filippo Riceputi. Foi autor, xunto con F. Riceputi, de Ilyricum Sacrum (Ilírica Sacra, 1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor estadounidense. Formouse en Boston e Florencia. Destacou como autor de monumentos públicos. Foi autor, entre outros, de The Minute Man (1875) e da estatua sedente de Abraham Lincoln (1922), situada no Lincoln Memorial de Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Fixo a primeira descrición da enfermidade que se denomina kuru, afección nerviosa dexenerativa que só afecta a certas tribos papúas de Nova Guinea. En 1976 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xuntamente con B. S. Blumberg, polos seus traballos sobre a orixe e a diseminación das enfermidades infecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Exerceu nos xulgados de Bande e A Estrada. Foi maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e dende 1990 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística do galego no eido da xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en publicacións como Grial e no volume colectivo Contos da Xustiza (1991), e escribiu O réxime xurídico da lingua galega (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cineasta. Estudiou xornalismo e náutica. En 1976 fundou o grupo Deza Cine Galego, no que traballou como produtor, guionista e director nunha serie de curtametraxes en formato Súper-8. O seu primeiro traballo foi Camba e Dozón (1976). Outras producións súas foron O consello de compadre (1977), O Santuario de Faro (1977), Antroido en Brandariz (1978), Loita e Lalín (1978), O campo galego (1979), Cantigas de emigración (1980), Fiadeiras de Zobra (1981) e O aparato (1982). Por outra banda, publicou varios libros sobre a súa comarca e foi o coordinador dos volumes Lalín cen anos en fotos I (1999) e Lalín cen anos en fotos II (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e director de coros. Estudiou solfexo co mestre de capela da catedral e realizou os estudios de maxisterio. Emigrou a Bos Aires e alí dirixiu o Orfeón Gallego. De regreso a Galicia, dirixiu o Orfeón Unión Orensana e foi o primeiro director da Coral De Ruada. Membro da Real Academia Galega, recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e visual estadounidense. Coñecido como Dan Graham, traballou as formas piramidais e empregou xeralmente o cristal e o aluminio. Empregou o granito por primeira vez en Pyramid (1988-1999), situada na Illa das Esculturas de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Dereito na Universidad de Montevideo, foi xuíz e ocupou a cátedra de Dereito Civil e de Xentes no Liceo Católico, a de Literatura no Ateneo Uruguay e a de Dereito Natural na Universidad Nacional. Colaborador de diversas publicacións, publicou Vocabulario rio platense razonado (1889 e 1890) e Reseña histórico-descriptiva de antiguas y modernas supersticiones del Río de la Plata (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, foi director de Radio Popular de Ourense e das revistas Sábado Gráfico e El cocodrilo Leopoldo. Colaborou en diversos medios de comunicación, como Cadena SER e COPE, ou Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Región-Internacional e O Correo Galego. Publicou El enigma de un hombre (1989), E logo Lugo, qué? (1993), Otra historia gallega envuelta en humo (1993), Con el viejo Bene en la isla (1995), As lerias do Leiras (1996), El caballero de Galicia (1996), De outros galegos (1998) e Pedro Murias, algo más que un indiano (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Doutorouse en 1932 na Universidade de Hamburgo, onde traballou ata 1941. Despois   pasou a formar parte do instituto de tecnoloxía de Hannover e en 1949 foi nomeado profesor en Heidelberg. Propuxo o seu modelo nuclear do átomo en 1949, establecido coa colaboración de M. Goeppert-Mayer e E. P. Wigner. Os tres recibiron o Premio Nobel de Física en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Profesor nas universidades de Princeton, Berkeley e Columbia, recibiu o Premio Nobel de Economía en 2002, xunto con Vernon Lomax Smith, polo seu labor na integración da investigación sociolóxica na ciencia económica, especialmente na toma de decisións en situacións de incertidume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante e tratadista de arte. En 1907 abriu en París a súa primeira galería. Relacionouse cos fauves e descubriu e promocionou a Van Dongen, Picasso, Braque, Juan Gris, Léger e Manolo Hugué. En 1920 abriu a Galeria Simon (despois Louise Leiris) e comprometeuse con diversos artistas, como Henri Laurens e André Masson. Foi o máximo difusor do cubismo. Escribiu Der Weg zum Kubismus (1920), Juan Gris (1943) e Mes galeries et mes peintres (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, militar e filósofo. De nome Miguel de Barrios Valle, era de orixe xudía. Destacan as poesías e comedias reunidas en La flor de Apolo (1665) e Coro de las musas (1672), así como Libre albedrío y armonía del cuerpo por disposición del alma (1684).

    VER O DETALLE DO TERMO