De Leon, Daniel

De Leon, Daniel

Sindicalista e dirixente socialista. Marchou a Nova York en 1872 e doutorouse en Ciencias Politicas pola Universidade de Columbia (1878), na que obtivo unha cátedra. No 1887 ingresou nos Knights of Labor, a principal organización obreira dos EE UU, e dende o comezo destacou como orador e publicista. En 1890 abandonou a súa carreira académica e ingresou no Socialist Labor Party (Partido Socialista Laborista, SLP). Neste partido ocupouse inicialmente do diario The Daily People, pero pronto accedeu a unha posición de liderado, cargo que exerceu de xeito autoritario ao tempo que defendeu unha orientación marxista. Os membros descontentos coa súa actuación abandonaron o partido e integráronse no Social Democratic Party de Eugene Debs. No 1905 uniuse con Debs e outros líderes obreiros en Chicago para constituír unha nova central sindical, a Industrial Workers of the World (Traballadores da Industria do Mundo, IWW), coa esperanza de que se convertese nun vehículo da loita de clases.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Curação

  • Deceso

    Lugar : Nova York