"De Ponte" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 43.

  • Sociedade fundada en Pontevedra en 1894 baixo a iniciativa de Casto Sampedro Folgar. Ademais de realizar estudos arqueolóxicos, promover a conservación de obxectos artísticos e de monumentos, levou a cabo tamén traballos sobre a música, o léxico ou a historia de Pontevedra e do Gremio de Mareantes. Disolveuse en 1937 e os seus fondos integráronse no Museo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical creada en Pontevedra en 1925. Fundada, entre outros, por Antón Losada Diéguez, Afonso R. Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle ou Vicente Barreiro, para impulsar as actividades musicais na cidade. Losada Diéguez foi o seu primeiro presidente, cargo que tamén ocupou Castelao quen, ademais, foi o encargado de realizar diversas escenografías para as actuacións da coral. O seu repertorio inclúe polifonía sacra e profana, así como temas populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) en 2001, dentro da Rede Natura 2000, situado nos concellos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Cunha superficie de 160 ha e unha altitude de 620 m, constitúe un conxunto de prados e bosques de carballo que se inundan durante o inverno. Esta situación favorece a existencia dunha gran diversidade de fauna e flora, das que destacan en canto á flora diversas especies de Magnopotamion ou Hydrocharition e Ranunculion fluitantis e de Callitriche-Batrachio. En canto á fauna destacan a pica papuda, a cegoña branca, o lagarteiro peneireiro, a becacina cabra, o picanzo vermello e a cotovía pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO