Veiga de Ponteliñares
Veiga de Ponteliñares
Espazo natural, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) en 2001, dentro da Rede Natura 2000, situado nos concellos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Cunha superficie de 160 ha e unha altitude de 620 m, constitúe un conxunto de prados e bosques de carballo que se inundan durante o inverno. Esta situación favorece a existencia dunha gran diversidade de fauna e flora, das que destacan en canto á flora diversas especies de Magnopotamion ou Hydrocharition e Ranunculion fluitantis e de Callitriche-Batrachio. En canto á fauna destacan a pica papuda, a cegoña branca, o lagarteiro peneireiro, a becacina cabra, o picanzo vermello e a cotovía pequena.