"Deiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 188.

  • GALICIA

    Poeta e músico. Formouse na Escola Universitaria de EXB en Lugo. Pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos, fundou en 1980 o grupo Brath, do que foi batería, percusionista e dende 1999 intérprete de cancións. Entre os anos 1985-1986 dirixiu e presentou un programa de música en Ondas Galicia que acadou o Primeiro Premio Galicia de Xornalismo 1985 ao mellor programa musical. Compaxinou a súa actividade musical e literaria co seu labor como funcionario da Xunta de Galicia e coa dirección da compañía de comunicacións Sons Galiza, dedicada á gravación e edición discográfica e bibliográfica. Publicou os poemarios Anacos de silencio (1986), O sul da auga (1992) e Servicios informativos. Foi galardoado co Premio Nacional de Poesía O Facho e co Premio Meigas e Trasnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Signo formado por un semicírculo cun punto no medio [U], que se coloca baixo ou sobre a figura dunha nota ou dunha pausa que debe ser executada libremente, sen cinguirse ao seu valor estricto; en xeral, prolonga a duración. Situado enriba dunha barra de compás, indica un respiro entre os dous compases separados pola barra.

    2. Signo [¶] que indicaba, nos manuscritos medievais e nos primeiros tempos da imprenta, o comezo dos parágrafos.

      1. Cetáceo do xénero Globicephala da familia dos delfínidos de fronte avultada, de cor negra, agás unha única mancha branca na gorxa, e aletas longas e estreitas. Viven en grupos de varios centos de animais ou con outros cetáceos e aliméntanse principalmente de cefalópodos que capturan de xeito cooperativo. Viven uns 50 anos e poden descansar de xeito vertical na superficie da auga.

      2. caldeirón común/ caldeirón de aleta longa

        [Globicephala melas, Fam dos delfínidos]

      3. caldeirón tropical/caldeirón de aleta curta

        [Globicephala macrorhynchus, Fam dos delfínidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr de finais do s XII, de orixe probablemente galega ou aragonesa. Consérvanse da súa autoría dúas cantigas transmitidas polos dous apógrafos italianos da lírica galego-portuguesa: o Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) e o Cancioneiro da Vatiacana (V) e polo descriptus deste último. A primeira delas é unha cantiga de maldicir que V atribúe erroneamente a Pero Viviaez, onde se ridiculiza a muller fea, e a outra é unha sátira de costumes, con provenzalismos e expresións típicas das cantigas de amor, onde se burla da covardía duns cabaleiros cataláns e aragoneses que abandonan o servizo de armas que lles deben prestar ás damas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto de metal ou doutro material que se emprega para facer entrar o pé no zapato.

    2. Tira colocada na parte posterior do calzado que axuda a metelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sitio onde se gardan ou colocan os canados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sabe cantar ou é afeccionado ao canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe moi espallada por toda a Península que tamén pode aparecer nos tratados heráldicos coa forma Cardero. As súas armas traen, en campo de goles, un castelo de ouro, ameado e cachotería de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar apropiado para atracar as embarcacións e cargar ou descargar mercadorías.

    2. Pedra ou madeira que forma o lintel dunha porta ou dunha xanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está en idade de casar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Informático. Coñecido como Casdeiro, licenciouse en Informática na Universidad de Deusto. Traballa no desenvolvemento de aplicacións multimedia e páxinas web e imparte cursos e seminarios relacionados coa informática e Internet. Entre as súas webs destaca a titulada Fillos de Galicia, destinada a funcionar como un Centro Galego Virtual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente no que se poñen a ferver cascas de piñeiro para tinguir as redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Casal Lodeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión especializado en ataques contra obxectos terrestres, denominado tamén bombardeiro táctico, avión de ataque rápido ou de soporte reducido. Hai dous tipos diferentes: os destinados ao combate aéreo, como o norteamericano F-18, o MIG-25, da antiga URSS e o europeo Tornado; e os preparados para o ataque terrestre, como o A-10A Thunderbolt, de EE UU e o SU-025 Frogfoot, da antiga URSS. Tamén hai versións navais, como o europeo AV-8 Harrier que permite iniciar o voo e a aterraxe en vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buque de guerra empregado para combater e atacar os torpedeiros grazas á súa superior velocidade e armamento. Apareceu por vez primeira no s XIX. Posteriormente, denominouse destrutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar destinado especialmente para o engorde dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cultiva ou vende cebada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de sinople, cinco castelos de azul, postos en cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma ou leito do carro destinado a soportar a carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘xarro’.

    VER O DETALLE DO TERMO