cazabombardeiro

cazabombardeiro

(

s m [BÉL]

Avión especializado en ataques contra obxectos terrestres, denominado tamén bombardeiro táctico, avión de ataque rápido ou de soporte reducido. Hai dous tipos diferentes: os destinados ao combate aéreo, como o norteamericano F-18, o MIG-25, da antiga URSS e o europeo Tornado; e os preparados para o ataque terrestre, como o A-10A Thunderbolt, de EE UU e o SU-025 Frogfoot, da antiga URSS. Tamén hai versións navais, como o europeo AV-8 Harrier que permite iniciar o voo e a aterraxe en vertical.

Palabras veciñas

cazabello -lla | cazabiña | cazable | cazabombardeiro | cazacú | cazador -ra | cazadora