"Doro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes, da familia das asteráceas, de ata 1 m de altura, con follas basais pecioladas e ovadas e follas caulinas sésiles e lanceoladas. Os capítulos, as máis das veces solitarios, de entre 3 e 6 cm de diámetro, están formados por un receptáculo convexo e flores amarelas, das que as marxinais son liguladas. Os froitos son aquenios oblongos, con costelas, e presentan pelos longos. En Galicia están presentes as especies: D. carpetanum, en pastos e rochedos de montaña da metade oriental do país; e D. plantagineum, propia de bosques, pastos e matos.
-
PERSOEIRO
Atamán de Ucraína. De orixe aristocrática, tentou conseguir a independencia da Ucraína occidental con respecto a Polonia e Rusia. Recoñeceu o protectorado turco, pero unha intervención rusa (1676), obrigouno a aceptar a soberanía de Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Santa mártir. De familia patricia, era filla dun senador da Capadocia. Morreu decapitada baixo o mandato de Diocleciano no 304. É patroa de floristas e xardineiros. Na iconografía viste túnica e palio coma as doncelas romanas, ás veces cunha coroa de flores, e leva como atributo unha cesta de flores e froitas. Santa Dorotea é titular da parroquia de Folgoso, concello de Abegondo. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Dορό ϴ ευς (para o masculino) e Dορό ϴ εα (para o feminino) -formas compostas de δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’ + ϴ εός ‘deus’-, latinizados en Dorótheus e Dorothea, co significado ‘don de Deus’, igual que Dositeo e Teodosio. Presenta os hipocorísticos Dora e Tea. Hai varios santos mártires con este nome, pero a de maior tradición é santa Dorotea (ss III-IV), virxe mártir turca, que se celebra o 6 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Pintor romano. Nerón encargoulle unha copia da Afrodita Anadiomena de Apeles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou mostra esplendor.
-
PERSOEIRO
Tsarina rusa, filla do boiardo Fodor Lopukhin. Casou con Pedro I (1689) e foi nai do tsarévich Alexei (1690). Opúxose ás reformas relixiosas do seu home polo que foi encerrada co nome de Elena no mosteiro de Pkrovskij, en Suzdal’ (1698). Abandonou a vida monástica co propósito de casar co seu amante Stepan Glevob, pero Pedro I mandouna prender e encarcerar na fortaleza de Schlusselburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Faye Dunaway, debutou en Broadway da man de Elia Kazan. Posteriormente, acadou certa sona con Bonnie and Clyde (1967), de A. Penn. Interveu, entre outras, nas películas The Arrangement (O compromiso, 1969), Chinatwon (1974), Network (Un mundo implacable, 1976), coa que conseguiu un Oscar, Mommie Dearest (Queridísima mamá, 1981), Barfly (O borracho, 1987), The Handmaid’s Tale (O conto da doncela, 1990), Arizona Dream (1992), The Temp (1993), Don Juan de Marco (1994) e En brazos de la mujer madura (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Francisco Fernández Anciles. Exerceu a medicina e foi redactor de El Independente e Diario de Pontevedra. Da súa produción destacan numerosas poesías, o monólogo O vello paroleiro (1912) e a zarzuela O pote (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático. Trasladouse a Madrid e posteriormente dirixiu as escolas normais de Granada e Málaga. Colaborou no Dicionario enciclopédico de la lengua española, con todas las voces, frases, refranes y locuciones usadas en España y las Américas españolas en el lenguaje común antiguo y moderno [...] (1853-1855) e escribiu Curso elemental de la lengua española, redactado con la posible sujección a los principios de la gramática general (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Proclamou a República Federal en 1889 e asumiu o goberno provisional. Elixido presidente en 1891, renunciou ao cargo dez meses despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista. As súas investigacións centráronse na xeometría, na petrografía, na mineraloxía e, especialmente, na cristalografía. Nesta última utilizou métodos novos para estudar a estrutura dos cristais, a clasificación dos grupos de simetría espacial e a análise química dos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista grego. Profesor de gramática en Ferrara e de filosofía en Roma, trasladouse en 1462 a San Giovanni a Piro, onde dirixiu a comunidade monástica da vila. Tradutor ao latín de numerosas obras clásicas, entre as súas obras destaca a Gramática grega (1495).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e sindicalista. Enxeñeiro técnico industrial e diplomado en Relacións Laborais e Empresariais, foi cofundador da UGT-Galicia e primeiro presidente democrático do comité de empresa de Citroën. Foi deputado do grupo Socialista do Congreso pola provincia de Pontevedra desde a I á IV lexislaturas (1979-1993). É patrón das Fundacións Celso Emilio Ferreiro e Luís Tilve.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de berilo, transparente, de cor amarela, moi apreciado como xema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Ἠ λιοδ ῶ ρος ‘don do Sol’, derivado de ἡ λιος ‘Sol’ e δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’. Levaron este nome os santos Heliodoro de Dalmacia (s IV), bispo de Altino, e Heliodoro de África (s V) que sufriu martirio por parte dos vándalos. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi martirizado durante a persecución dos vándalos. A súa festivida de celébrase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Altino, preto de Venecia. Foi discípulo de san Xerome, a quen acompañou, e combateu aos arianos e apolinaristas. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Autor de Etiópicas, novela en dez libros que describe as aventuras de Teáxenes e Cariclea, no marco dunha Etiopia convencional.
VER O DETALLE DO TERMO