Heliodoro
Heliodoro
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Ἠ λιοδ ῶ ρος ‘don do Sol’, derivado de ἡ λιος ‘Sol’ e δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’. Levaron este nome os santos Heliodoro de Dalmacia (s IV), bispo de Altino, e Heliodoro de África (s V) que sufriu martirio por parte dos vándalos. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.