"ERGA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudiantes Revolucionarios Galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Barcelona no ano 1992 para a difusión, mediante o emprego da radio, das compoñentes que configuran a Galicia da emigración. Pretendía apoiar os actos relacionados coa cultura galega, unificar os diferentes espacios radiofónicos en lingua galega e mellorar a súa calidade. Inicialmente, os programas asociados eran Galicia no Vallés, de Radio Mollet, Morriña, de Radio Nou Barris (Radio Unión Catalunya), Camiño da Terra, de Distrito 3 Radio (Radio Gramenet), Sempre en Galicia, de Radio Cornellá, Airiños, de Radio Gramanet, A Nosa Terra, de Radio Florida, e Galiza... algo máis, de Radio Ciutat Vella (Sants-Montjuïc Radio). Posteriormente, sumouse Aturuxos, de Radio Ciutat Vella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos da subclase dos copépodos, de ata 3 mm de lonxitude, que constitúen parasitos das branquias dos peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiro dun artesán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de vesículas que están en disposición irregular, a miúdo anastomosadas entre elas, que presentan na superficie externa das paredes un gran número de ribosomas. As súas membranas encárganse de deixar pasar e conducir as proteínas que forman os ribosomas. Coñécese tamén co nome de retículo endoplasmático rugoso.
-
-
Prisión ou galería dun cárcere romano.
-
Obradoiro de escravos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caso que, en certas linguas como as caucásicas, o éuscaro e o esquimó, indica o axente dunha acción transitiva. Nestas linguas o caso ergativo adquire unha marca específica, mentres que o paciente dos verbos transitivos e o axente dos intransitivos se presenta cunha forma invariable (nominativo ou ausencia de marca de caso). É dicir, cando un predicado verbal é susceptible de levar dous participantes, un activo e outro pasivo, ambos se distinguen pola marca de caso ergativo asociada ao axente dese predicado e, sen embargo, o participante pasivo adoita ir sen ningún tipo de marca. Pero cando o predicado verbal só admite un participante, ese participante -activo ou pasivo- prescinde de toda marca xa que non cómpre empregala para diferenciar ambos os dous participantes. Así, por exemplo, en éuscaro, os termos gizona (‘o home’) e liburua (‘o libro’), acompañados de verbo transitivo ikhusi-du (‘viu’), convértense en gizona-k liburua ikhusi-du (‘o home viu...
-
PERSOEIRO
Rei de Pérgamo (263 a C-241 a C). Sucesor do seu tío Filetero, independizou o seu reino do poder seléucida aínda que nunca tomou o título de rei. Durante o seu goberno ampliáronse os territorios do reino e iniciouse un programa de construción de edificios públicos. Foi mecenas do filósofo Arcesilao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pérgamo (197-159 a C), fillo e sucesor de Atalo I. Aliouse con Roma na loita contra Nabis, tirano de Esparta, e contra Antíoco III de Siria, ao que lle proporcionou trala Paz de Apamea (188 a C) os territorios seléucidas en Asia Menor. Entre o 188 a C e o 166 a C enfrontouse aos gálatas, ao rei de Bitinia e ao rei de Ponto. Durante o seu reinado Pérgamo converteuse nun dos principais focos da cultura helenística.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima de Uzbekistán (191.000 h[1995]). O cultivo de algodón e a súa transformación foi a principal actividade económica durante séculos. Destacou tamén como centro de produción e refinado de petróleo. Fundada polos rusos como gornición militar trala conquista do kanato de Kokand, nas súas orixes denominouse Novyy Margelan. En 1907 foi rebautizada co nome do seu conquistador ruso, Skobelev, e desde 1924 coñécese co nome de Fergana. Do seu patrimonio cultural destaca a casa de Skobolev, utilizada como teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Uzbekistán (7.100 km2; 2.338.000 h [1993]). A capital é Fergana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oasis de Asia Central, situado entre Uzbekistán e Taxikistán, cunha superficie de 11.900 km2. Ao seu redor concéntrase unha importante área agrícola, dedicada fundamentalmente ao cultivo do algodón. Tamén se extrae xofre e petróleo.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Militante do PCE (1966-1991), foi elixido secretario xeral de CC OO no IV congreso confederal (1987), cargo no que permaneceu ata o ano 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga (2.505 h [2001]). O canal de Castela, que atravesa o municipio, facilita a agricultura de regadío (hortalizas, patacas, remolacha), pero tamén se manteñen cultivos de secaño (leguminosas e vides). A gandería dedícase maioritariamente á produción de la. A industria predominante é a alimentaria e a téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
hiperenxebrismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que existe ou está situado entre dúas galaxias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro creado por F. Fröbel para a educación da infancia. A partir de 1840, ano en que se fundou a sociedade Allgemeiner Deutscher Kindergarten coa finalidade de poñer en marcha establecementos modelo para a educación dos máis pequenos, foi xeneralizándose polo territorio alemán o nome de kindergarten (xardíns de infancia), centros nos que se pretendía tamén educar as mulleres por medio da observación do coidado dos nenos. Cun fondo filosóficonaturalista, a concepción do termo ten un sentido rousseauniano respecto ao labor do educador, ademais da referencia ao espazo físico, onde o neno, mediante o xogo, leva a cabo o proceso socializador e de desenvolvemento das súas facultades de forma integral e harmónica. A súa difusión internacional produciuse a partir do Congreso Internacional de Beneficiencia (Frankfurt, 1857). Tamén as mulleres, a través do movemento feminista, tiveron un papel fundamental como receptoras, fundadoras e propagadoras destes centros. Pero os que mellor conectaron...
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao pé da serra de Gándara e regado polo río Mieres (2.305 h [2001]). O núcleo do termo é El Mercadillo. A economía está baseada principalmente na agricultura (patacas e cereais), na gandería bovina e na industria derivada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ferramenta que utilizan os zoqueiros para baleirar o interior das zocas.
-
Aparato que se utiliza para realizar legrados.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello de Malpica de Bergantiños, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO