"Erie" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 48.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie formada polos termos dunha progresión xeométrica comprendidos entre 1 e 10, cuxa razón é n √— 10, sendo n, xeralmente, 5, 10, 20 ou 40. A máis corrente é a obtida con n = 10, coa que a razón vale 10 √— 10 = 1,26. Os termos desta serie son 1; 1,25; 1,6; 2; 2,5; 3,15; 4,5; 6,3; 8; 10. Esta serie, ideada polo enxeñeiro Charles Renard, ten aplicación en diversos campos industriais.
-
-
-
Conxunto de cousas relacionadas entre si e que se suceden unhas a outras.
-
Conxunto de obxectos que forman parte da mesma edición.
-
Conxunto de capítulos emitidos na radio e na televisión que se suceden periodicamente, con independencia argumental, os mesmos personaxes e a mesma temática.
-
Conxunto dos doce sons da escala cromática, ordenados xeralmente por alturas e frequencias.
-
Conxunto de comunidades vexetais que se suceden nun mesmo lugar desde unha comunidade inicial ata o clímax. No caso de avanzar cara ao clímax, as series son progresivas e no caso contrario, de degradación da vexetación, fálase de series regresivas.
-
Conxunto de terreos sedimentados dispostos ao longo dun período xeolóxico determinado. Unha serie pode ser continua, cando non hai interrupción na sucesión dos terreos, e descontinua, en caso de existir algunha lagoa estratigráfica. Se por cuestións tectónicas a serie é invertida, orixina os niveis máis modernos abaixo e os máis antigos arriba. Neste caso denomínase serie invertida.
-
Conxunto de exercicios ximnásticos realizados sobre un terreo ou un aparello, que teñen certa relación uns cos outros, desenvolvéndose dentro dun programa preestablecido.
-
Sucesión de tipos celulares no desenvolvemento dunha célula sanguínea.
-
serie radioactiva
Conxunto de núcleos radioactivos que están formados pola desintegración doutro do mesmo conxunto.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de serio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paxaro da orde dos gruiformes, de 90 cm, que é de cor pardenta nas partes superiores, abrancazada nas inferiores e presenta unha plumaxe dereita na base superior do bico. Aliméntase de insectos, pequenos réptiles e bagas. Habita nas estepas de Paraguay.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SABENA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio de París situado na beira dereita do Sena, entre o Louvre e os Champs-Elysées. Foi comezado por P. Delorme (s XVI) e rematado (s XVII) por A. de Cerceau, L. Le Vau e A. Le Nôtre. Incendiado en 1871, foi demolido en 1882. Só se conservan o pavillón de Flora e o de Marsan, e no lugar que ocupaba están os xardíns das Tuileries.
-
PERSOEIRO
Emperatriz dos franceses. En 1796 casou con Napoleón I Bonaparte, que a coroou emperatriz, despois de casar pola igrexa (1804). Napoleón pediulle o divorcio en 1809.
VER O DETALLE DO TERMO