serie

serie

(

    1. s f

      Conxunto de cousas relacionadas entre si e que se suceden unhas a outras.

    2. s f

      Conxunto de obxectos que forman parte da mesma edición.

    3. s f

      Conxunto de capítulos emitidos na radio e na televisión que se suceden periodicamente, con independencia argumental, os mesmos personaxes e a mesma temática.

    4. s f [MÚS]

      Conxunto dos doce sons da escala cromática, ordenados xeralmente por alturas e frequencias.

    5. s f [XEOG/BOT]

      Conxunto de comunidades vexetais que se suceden nun mesmo lugar desde unha comunidade inicial ata o clímax. No caso de avanzar cara ao clímax, as series son progresivas e no caso contrario, de degradación da vexetación, fálase de series regresivas.

    6. s f [XEOL]

      Conxunto de terreos sedimentados dispostos ao longo dun período xeolóxico determinado. Unha serie pode ser continua, cando non hai interrupción na sucesión dos terreos, e descontinua, en caso de existir algunha lagoa estratigráfica. Se por cuestións tectónicas a serie é invertida, orixina os niveis máis modernos abaixo e os máis antigos arriba. Neste caso denomínase serie invertida.

    7. s f [DEP]

      Conxunto de exercicios ximnásticos realizados sobre un terreo ou un aparello, que teñen certa relación uns cos outros, desenvolvéndose dentro dun programa preestablecido.

    8. s [FISIOL]

      Sucesión de tipos celulares no desenvolvemento dunha célula sanguínea.

    9. serie radioactiva [FÍS]

      Conxunto de núcleos radioactivos que están formados pola desintegración doutro do mesmo conxunto.

  1. s f [ESTRATIG/XEOL]

    Unidade cronostratigráfica de xerarquía inferior ao sistema e superior ao piso. Correspóndelle a unidade xeocronolóxica denominada época.

  2. s f [BOT]

    Categoría taxonómica superior á especie e inferior á sección e ao xénero.

  3. [MAT]
    1. s f

      Suma indicada dun conxunto finito ou infinito ordenado de termos. A teoría de series ocúpase especialmente do caso infinito numerable. Así, unha serie é dada por unha sucesión de números a 1 , a 2 ,..., a n ,... (onde a se denomina termo xeral n-ésimo da sucesión) e unha sucesión asociada formada polas sumas parciais a 1 , a 1 + a 2 , a 1 + a 2 + a 3 ,..., a 1 +... + a n ,... Simbolicamente represéntase unha serie por
      n∈J Ó  a n ,  n=1 Ó < a n , ou ben a 1 + a 2 ... + a n +... Se a sucesión de sumas parciais é converxente cara a un límite S, dise que a serie é converxente. No caso de non existir este límite, a serie denomínase diverxente. Unha serie denomínase crecente ou decrecente se os números determinados da serie forman respectivamente unha sucesión crecente ou decrecente de valores. Toda serie crecente é necesariamente diverxente. Se unha serie n∈J Ó  a n é converxente, entón a sucesión (a n ) ten límite cero, aínda que o recíproco non é xeralmente certo. Por exemplo, n∈J Ao 1/n diverxe e, pola contra, 1/n tende a cero. Unha serie denomínase alterna se os signos dos termos da sucesión determinante son alternativamente positivos e negativos. Para series de termos positivos hai diferentes criterios de converxencia; os máis coñecidos son os de Cauchy, o de D’Alembert e o de Raabe. Unha serie denomínase aritmética ou xeométrica, segundo se os seus termos forman respectivamente unha progresión aritmética ou xeométrica. Unha serie xeométrica a + ar + ar 2 + ar 3 +... +ar n-1 , con razón r menor ca 1, é converxente e ten por suma a/(1-r).

    2. serie de potencias

      Dada unha función real de variable real f(x) derivable indefinidamente no punto x 0 , serie Óa n (x-x 0 ) n con a n = (1/n!)f n (x 0 ). Cúmprese que f(x) =a n (x-x 0 ) n para todos os puntos x tales quex-x 0 < R, onde R é o raio de converxencia da serie. Esta serie denomínase serie que desenvolve a función f nun contorno do punto x 0 , ou serie de Taylor de f no punto x 0 . A serie de potencias utilízase para expresar o desenvolvemento en serie dunha función.

    3. serie trigonométrica

      Cada unha das series de funcións Óf i , con f i (x) = a n cos nx + b n sen nx.

  4. de serie [IND]
    1. Sección dunha fábrica en que se elavoran pezas en serie ou á parte, e tamén o departamento da sección de montaxe en que están montadas as máquinas ou os aparatos.

    2. Conxunto de aparatos, máquinas ou obxectos que foron fabricados en serie.

  5. en serie
    1. [ECON/IND]

      Forma de organización e realización do proceso de traballo que, mediante a utilización intensiva de maquinaria, ten como resultado a elaboración de produtos (pezas, máquinas, obxectos) idénticos e non diferenciables.

    2. [FÍS]

      Disposición dun conxunto de elementos, xeradores e similares, de xeito que a corrente total atravese sucesivamente todos os elementos acoplados.

Frases feitas

  • Fóra de serie. Fóra do común, de moi boas calidades.

Palabras veciñas

serícola | sericultor -ra | sericultura | serie | seriedade | seriema | serigrafía