"Eriz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 65.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento do algodón a base de solucións alcalinas, que consiste en impregnar o tecido ou o fiado de algodón, previamente gaseado e descruzado, cunha solución de sosa cáustica a 25-35°C. Foi descuberto en 1844 polo químico inglés John Mercer (1791-1866) e produce, principalmente, unha inflamación que fai desaparecer a característica forma chá da sección transversal da fibra, que se converte en circular. Tamén produce unha redución da longura da fibra, ao tempo que se obtén máis brillo, que lembra o da seda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina ou tren de máquinas que se emprega para mercerizar os tecidos ou fiados de algodón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha mercerización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación dos metámeros. Pode ser homónoma, cando todos os metámeros son iguais, ou heterónoma, cando son desiguais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso, exposto por Karl H. Marx, segundo o que a proletarización crecente do traballo comporta o empobrecemento progresivo da clase traballadora. Débese a unha menor proporción na renda nacional dedicada a salarios e polo efecto represivo que ten o aumento dos prezos sobre as rendas fixas e sobre os salarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empobrecer un país ou un territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das reaccións en que unha molécula monomérica se converte nun polímero. Existen dous tipos fundamentais de polimerización: por condensación e por adición. A polimerización por condensación, ou policondensación, ten lugar a través da interacción entre pares de grupos funcionais pertencentes a dúas moléculas diferentes con eliminación dunha molécula pequena, e o polímero formado contén grupos funcionais non presentes nas moléculas do monómero. A polimerización por adición ten lugar mediante a interacción de enlaces múltiples presentes nas moléculas do monómero, e o polímero resultante ten a mesma composición ca o monómero do que procede. Deste tipo son a polimerización vinílica, en que o monómero é un derivado do etileno, a polimerización diénica, en que o monómero é un derivado do 1,3-butadieno, e a polimerización a través de enlaces múltiples entre átomos de elementos distintos. Un terceiro tipo xeral...
-
VER O DETALLE DO TERMO
pulverizable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser pulverizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de pulverizar ou de pulverizarse.
-
-
Que pulveriza ou serve para pulverizar.
-
-
Aparato ou dispositivo que permite proxectar, inxectar, descargar, etc, unha substancia sólida finamente dividida ou unha substancia líquida en forma de gotas moi pequenas.
-
Aparato, baseado no efecto Venturi, que pulveriza líquidos.
-
-
-
-
Reducir un sólido a po ou pos.
-
Reducir un líquido a gotas moi pequenas.
-
Esparexer un líquido en gotas moi miúdas.
-
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Balde e Faramontaos (Carballeda de Avia). O seu cumio acada os 675 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista, economista e pensador. Estudou varias materias científicas na Escola de Náutica e Navegación do Consulado do Mar e en 1813 trasladouse a Santiago ao Colexio militar de san Clemente; no curso 1816-1817 estudou matemáticas sublimes, cos profesores Domingo Fontán e Xosé Rodríguez, e terminou estudos na Universidad de Madrid, cidade na que en 1819 escribiu o primeiro comentario español de que se ten noticia sobre E. Kant na Crónica Científica y Literaria, e un ano despois participou na fundación do Ateneo Científico y Literario. Neste momento o seu apoio aos liberais permitiulle acceder ás áreas de xestión gobernamental. En 1921 foi enviado en misión comercial a La Habana, pero regresou á Coruña ese mesmo ano, onde, xunto con Casiano de Prado, fundou a revista El Conservador Constitucional, de ideoloxía liberal e antiabsolutista. O 25 de xuño de 1823 volveu a La Habana onde permaneceu ata 1835. Alí dirixiu o Jardín Botánico e ocupou a cátedra de Botánica na Escuela...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xu-rista, irmán de Ramón de la Sagra. Emigrou a Montevideo para encargarse dos negocios do seu pai (1801), onde combateu como sarxento primeiro da Compañía Voluntaria de Cazadores Urbanos e como subtenente no Batallón del Comercio (1811). Foi secretario da Cámara de Apelaciones da Provincia Oriental e membro do Superior Tribunal de Justicia de Uruguay (1838-1843) e, durante a Guerra Grande (1843-1851), pertenceu ao Consejo de Estado e a Asamblea de Notables.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Procedemento de aglomeración de materia pulverizada mediante a acción da calor, acompañada ou non de presión. Aplícase na metalurxia extractiva, na industria do plástico ou na de materiais cerámicos.
-
Aglomeración que en siderurxia se fai de minerais e residuos pulverizados de gran grosor (0,5 - 5 mm), en fragmentos de material poroso dun diámetro axeitado para alimentar os altos fornos. O sínter resultante é triturado e peneirado para obter fragmentos de 5-50 mm.
-
Proceso de quecemento, ás veces simultáneo ao prensado, que en pulvimetalurxia serve para conformar o produto ou darlle o endurecemento definitivo. A atmosfera do forno, frecuentemente eléctrico, ten que ser inerte (gases nobres ou baleiro) para evitar a oxidación do material.
-
-
-
Que sufriu un proceso de sinterización.
-
sínter.
-
-
-
Someter unha materia pulverizada a unha sinterización.
-
Efectuar unha sinterización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deposición de suberina na parede celular de certas células vexetais.