sinterización
(< sinter)
-
s
f
[IND]
Procedemento de aglomeración de materia pulverizada mediante a acción da calor, acompañada ou non de presión. Aplícase na metalurxia extractiva, na industria do plástico ou na de materiais cerámicos.
-
s
f
[IND]
Aglomeración que en siderurxia se fai de minerais e residuos pulverizados de gran grosor (0,5 - 5 mm), en fragmentos de material poroso dun diámetro axeitado para alimentar os altos fornos. O sínter resultante é triturado e peneirado para obter fragmentos de 5-50 mm.
-
s
f
[IND]
Proceso de quecemento, ás veces simultáneo ao prensado, que en pulvimetalurxia serve para conformar o produto ou darlle o endurecemento definitivo. A atmosfera do forno, frecuentemente eléctrico, ten que ser inerte (gases nobres ou baleiro) para evitar a oxidación do material.