"Ferrol" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 51.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ferrol. Construíuse no 1757 en terreo que ocupara o convento franciscano construído por Fernán Pérez de Andrade o Bo (s XIV). Ten planta rectangular inscrita nunha cruz latina e divídese en tres naves separadas por piares con pilastras acaroadas de orde toscana. A cúpula do cruceiro ten tambor circular con óculos. Sobre as naves laterais sitúase unha tribuna aberta por arcos carpaneis e na entrada un coro alto. A cúpula é de tambor circular con óculos. No interior destaca o retablo de Xosé Ferreiro. A fachada divídese en tres rúas por medio de pilastras toscanas pareadas, apoiadas en grandes bases. Na rúa central ábrese a porta arquitrabada e con frontón triangular e, sobre ela, un óculo. Remata cun entaboamento e cunha cornixa sen decoración.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no barrio da Magdalena en Ferrol. Dende 1959 ten o rango de concatedral. Substituíu a antiga igrexa situada en Ferrol Vello e construíuse segundo os planos de Julián Sánchez Bort. Ten planta de nave única, separada por pilastras xónicas das capelas laterais, cubertas con bóvedas de canón e bóvedas esvaídas, que lle conceden o aspecto de cruciforme; sobre o cruceiro eríxese unha cúpula nervada apoiada en catro piares. A fachada está dividida en dous corpos: o inferior consta de dúas ás laterais e un corpo central con tres arcadas de medio punto que dan acceso ao pórtico; na central destacan dúas columnas xónicas que sosteñen un entaboamento sobre o que se sitúa un frontón curvo; no segundo corpo destaca un ovo pétreo flanqueado por dúas ventás sobre o que se sitúa un frontón triangular. As torres están recuadas respecto á fachada. Na parte superior ábrense catro vans de arco de medio punto que acollen as campás; o remate é cupulado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Ferrol ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ferrol.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol o 10 de febreiro de 1846. Cesou a súa edición o 31 de marzo do mesmo ano. Impresa nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera, levaba por subtítulo “Periódico de Literatura”. Ao seu cargo estaban Leandro Saralegui e Xoán A. Lacaci. Como publicación literaria foi a continuadora de El Águila.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barra ou mecanismo semellante, normalmente de ferro, que serve para trancar portas ou ventás.
-
Mecanismo dunha arma de fogo longa, como o fusil, que contén o dispositivo disparador e que serve para cargala, ao tempo que pecha a recámara mentres o proxectil está dentro da vaíña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área urbana da comarca administrativa de Ferrol, que integra os concellos da ribeira da ría de Ferrol: Ares, Fene, Ferrol, Narón, Neda e Mugardos. É un espazo urbano con moita cohesión e interrelación, que se configurou a partir da expansión industrial de Ferrol como centro da construción naval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial administrativa da Igrexa Católica. Establecida no s IX, a diocese de San Martiño de Mondoñedo, foi sé dos bispos ata que en 1112, sendo bispo Nuno Afonso, unha bula da Raíña Urraca trasladou a diocese a Vilamaior, que despois cambiou o nome polo de Mondoñedo. En 1182 o bispo Rabinato trasladou a sé a Ribadeo; o bispo Martiño (1219-1248) levouna definitivamente a Mondoñedo e comezou a construción da nova catedral. A súa xeografía sufriu algunhas modificacións. Adquiriu a súa configuración definitiva en 1955, cando anexionou algunhas parroquias da diocese de Lugo e perdeu outras fronte a esta. O Papa Xoán XXIII estableceu a dobre capitalidade da diocese, Mondoñedo e Ferrol, e concedeulle o título de concatedral á igrexa de San Xulián de Ferrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de fútbol sala que se fundou en Ferrol en 1981. Ascendeu á División de Honor na tempada 1997-1998, xogou a Copa de España (1999-2000) e, despois de varias campañas na máxima categoría, descendeu á División de Prata (tempada 2002-2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol fundado en Ferrol en 1919. Xoga os seus partidos como local no estadio da Malata, inaugurado en 1993, e viste camiseta verde e pantalón branco. A historia do club remóntase á únión dos equipos Jaime J e Giralda, que disputaron o seu primeiro encontro no campo da Graña o 17 de maio de 1917. En 1919, coa inauguración do campo de Caranza, disputou o seu primeiro partido como Rácing fronte ao Deportivo de La Coruña. O 20 de outubro dese mesmo ano afiliouse á Federación e ao ano seguinte conseguiu a súa denominación oficial. Inaugurou o campo do Inferniño en 1921 e conseguiu o seu primeiro ascenso á máxima categoría galega en 1923. Debutou na Terceira División da liga nacional na tempada 1929-1930 e posteriormente xogou na Segunda División. Dos títulos conquistados, destacan o campionato galego nas tempadas 1928-1929, 1937-1938 e 1938-1939, e o subcampionato da I Copa do Xeneralísimo (1939), e o Trofeo Teresa Herrera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motín levado a cabo polas tropas asentadas no Arsenal de Ferrol en 1795, causado pola falta de fondos para o pagamento dos seus soldos, debida á crise da facenda polos gastos da guerra que os deixara sen paga durante seis meses. Como medida de coacción, presentouse o capitán xeneral de Galicia coas súas tropas nas proximidades de Ferrol, pero non resultou efectivo e finalmente pagaron aos soldados con fondos da cidade e do cabido, ante a necesidade de manter a Armada alerta para a súa posible incorporación á guerra con Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en 1970 en Ferrol. Naceu coa finalidade de expandir e promocionar a arte. Organiza cursos, conferencias e exposicións.