Mondoñedo-Ferrol, diocese de
División territorial administrativa da Igrexa Católica. Establecida no s IX, a diocese de San Martiño de Mondoñedo, foi sé dos bispos ata que en 1112, sendo bispo Nuno Afonso, unha bula da Raíña Urraca trasladou a diocese a Vilamaior, que despois cambiou o nome polo de Mondoñedo. En 1182 o bispo Rabinato trasladou a sé a Ribadeo; o bispo Martiño (1219-1248) levouna definitivamente a Mondoñedo e comezou a construción da nova catedral. A súa xeografía sufriu algunhas modificacións. Adquiriu a súa configuración definitiva en 1955, cando anexionou algunhas parroquias da diocese de Lugo e perdeu outras fronte a esta. O Papa Xoán XXIII estableceu a dobre capitalidade da diocese, Mondoñedo e Ferrol, e concedeulle o título de concatedral á igrexa de San Xulián de Ferrol.