Mondoñedo, Seminario de
Mondoñedo, Seminario de
Construción situada en Mondoñedo. Fundouno en 1585 o bispo Isidro Caja de Lara, e foi o primeiro seminario de Galicia. Impartíanse estudos de gramática e destinouse á formación de futuros sacerdotes. No s XVIII sufriu unha importante remodelación a nivel intelectual, iniciada polo bispo Xosé Francisco Losada Quiroga (1761-1779), que conseguiu a incorporación dos estudos de filosofía e teoloxía, e que acompañou coa construción dun novo edificio. A fachada presídea Santa Catarina, patroa dos novos e filósofos. En 1780 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela.