"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, na India (891.790 h [1991]). Situada á beira do río Yamunā na chaira do Hindustān, é un importante centro turístico, comercial, agrícola e industrial da India. Agra conserva as mellores obras arquitectónicas dos emperadores mongoles (s XVII) como o pazo de Diwan-i-an, a mesquita da Perla en mármore branco (1654) e o famoso Taj-Mahal, construído (1632-1648) polo Emperador Shāh Jahān como mausoleo da súa esposa Mumtaz Ma ḥ all.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Mondoñedo. Da mesma familia é Agras. As armas dos Agra levan, sobre campo de sinople, unha agra.
-
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín agra, plural do neutro *agrum, -i (lat c ager, -i). Este apelido atópase nun documento do ano 1520 referíndose a Fernando d’Agra.
-
-
GALICIA
Profesora titular de Filosofía Moral e Política da Universidade de Santiago. Investigadora no eido da Filosofía Moral e Política que se deu a coñecer cos seus traballos sobre a Teoría da Xustiza en J. Rawls e profundizando no tema noutros artigos posteriores, entre eles:“Es la versión castellana de A Theory of Justice de J. Rawls una versión modificada?” (1983) e “J. Rawls: el análisis del concepto de Justicia” (1993). Dende 1989, traballa en estudios de xénero, participa en proxectos de investigación e deu ao prelo numerosos artigos en distintas revistas (A Trabe de Ouro, Anthropos, Festa da Palabra Silenciada), dos que destacan: “Feminismo e política” (1990), ”Justicia y política feminista” (1995) e “El alcance de la justicia y las complejas desigualdades de género” (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, actor de dobraxe e presentador de televisión. Comeza a súa andaina teatral co grupo Máscara 17 para logo integrarse en Artello, participando nos diversos espectáculos presentados pola compañía viguesa. Traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos como Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), Hamlet (1991), Valle-Inclán 98 (1998) ou O florido pénsil (2011). Como presentador, traballou na Televisión de Galicia e en Televigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Actualmente é coñecido polo seu traballo en publicidade, cine e televisión. Destaca o seu papel protagonista no anuncio publicitario de Ratribrom. Entre os seus traballos en televisión destacan Pratos combinados, Terra de Miranda, Serramoura ou Fariña (2018). Do seu traballo no cine destaca Heroína (2005), A... -
GALICIA
Escultor de estilo neoclásico. Atribúenselle tallas para o retablo do trascoro da Catedral de Mondoñedo na primeira década do s XIX. Entre as súas obras cómpre destacar a construción do retablo maior de San Xián de Pereiriña (Cee), entre 1837-1841. Tamén realizou as trazas do altar maior de San Martiño de Noia e o de San Francisco e San Xosé do convento noiés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de mámoas situado na parroquia de Xillar (Outeiro de Rei). Debido á presenza de antas nas que a cámara é de planta poligonal e polas características do enxoval achado no seu interior pertence ao apoxeo do Megalitismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
graciola.
-
-
de agraciar.
-
Que posúe beleza, atractivo ou encanto persoal.
-
Que obtivo un premio.
-
-
-
Conceder unha graza ou premio a alguén.
-
Conceder unha gracia, beleza ou mercede.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que agrada, que causa pracer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificación do relevo da terra tendente á formación de superficies planas por acumulación ou deposición de sedimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir agrado, causar unha impresión grata, satisfacer o gusto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gradar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
grade.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Templo da parroquia de Agrade (Chantada). De orixe románica, aínda conserva a planta orixinal malia as transformacións sufridas. Debaixo do beiril meridional conserva catro canzorros, dous deles con rolos, modelo introducido nesta comarca polo mestre de Asma. No interior da ábsida encóntrase unha fiestra con arco sostido por columnas que amosan capiteis de decoración figurada. A cronoloxía deste templo fíxase a primeiros do s XIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de agradecer.
-
-
Mostrar ou sentir gratitude.
-
Responder positivamente do xeito que se espera ou que corresponde a un ben recibido.
-
Amosar o efecto beneficioso producido por algo.
-
-
-
de agradecer.
-
Que agradece.
-