Agrade, igrexa de San Vicente de
Agrade, igrexa de San Vicente de
Templo da parroquia de Agrade (Chantada). De orixe románica, aínda conserva a planta orixinal malia as transformacións sufridas. Debaixo do beiril meridional conserva catro canzorros, dous deles con rolos, modelo introducido nesta comarca polo mestre de Asma. No interior da ábsida encóntrase unha fiestra con arco sostido por columnas que amosan capiteis de decoración figurada. A cronoloxía deste templo fíxase a primeiros do s XIII.