"Gaspar" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político. Ingresou na Unión Liberal de L. O’Donnell, foi gobernador de Logroño e Barcelona (1868) e, co partido de Sagasta, ministro de Ultramar (1883). Autor de diversas pezas dramáticas, a súa obra poética é a expresión do seu ideario político. Destacan os seus libros Un idilio (1879), El vértigo (1879) e Sursum corda (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou na Guerra dos Sete Anos no exército de Carlos III. Capitán de dragóns, destinárono a México e en 1767 enviárono a Baixa California como primeiro gobernador daquel territorio, coa misión de expulsar aos xesuítas e de organizar unha expedición cara ao norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Espiritualista e claro precedente de Henri Bergson, foi autor de valiosos estudos históricos e de ensaios. Da súa produción destaca De l’habitude (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, tomou hábitos no convento de San Domingos da Coruña e foi colexial da colexio vallisoletano de San Gregorio. Lector en Artes e Filosofía e en Teoloxía nos conventos de Toro e Toledo, e catedrático auxiliar na Universidad de Valladolid, foi prior do convento de Cuenca e predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e matemático francés, barón de Prony. Transformou moitos canais e portos, construíu o porto da Concorde, de París e ideou o freo de Prony.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político paraguaio. Latinista, avogado de ideas liberais e deputado (1809), uniuse aos independentistas de Paraguay. Desprazou o resto de dirixentes ata proclamarse cónsul (1811-1816) e ditador vitalicio (1816-1840). Estableceu un réxime nacionalista que afirmou a independencia de Paraguay fronte a España, Brasil e Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi avogado na Real Chancillería de Valladolid. Escribiu Tractatus de annuis et menstruis reditivus. In tres libros et quinquaginta tres quaestiones divisus, qui census et eius quod interest, necnon usuarum mateia tom in teoría quam in praxi nonne et analityce pertractur... (1604), que influíu na formación de xuristas coetáneos e posteriores. O seu fillo, Antonio Rodríguez de Puga , foi cronista e escribiu Tomo de genealogía de familias ilustres de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi conciliador, mediador e árbitro para a aplicación de procedementos extraxudiciais na resolución de conflitos laborais do Consello Galego de Relacións Laborais. Escribiu A “Autopista del Atlántico”: transporte e desenrolo galego (1977), El desarrollo económico de Galicia (1986), La Adhesión de España a la CEE: un análisis sectorial-regional (1987) e El comercio exterior de Galicia, 1980-1997 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario portugués. Cofundador da revista Presença e fundador de Portugália Editora (1935), foi crítico, Crítica (1942-1982), biógrafo, Vida e obra de Fernando Pessoa (1950), ensaísta, Tendências do Romance Contemporâneo (1933) e cultivou a novela psicolóxica con Elói ou Romance numa cabeça (1932), Uma história de província (1934) e Internato (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi profesor de anatomía e medicina teórica. Especializouse en operacións cutáneas e, especialmente, en rinoplastias. O seu método, coñecido como tagliacozziano, serviu de base para os cirurxiáns ingleses e alemáns de comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, V duque de Osuna e duque consorte de Uceda, marqués de Peñafiel e marqués consorte de Frómista, conde de Ureña. Loitou en Portugal (1657-1664), pero desprestixiouse coa derrota de Castelo Rodrigo de 1664. Foi gobernador de Milán (1670-1674).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, escritor e debuxante. Coñecido como Nadar, comezou na fotografía en 1849 e abriu un estudo en París (1853), que se converteu en punto de reunión da elite cultural francesa, á que retratou en poses naturais fronte á rixidez da fotografía da época, e o lugar onde se realizou a primeira mostra dos impresionistas (1874). Fixo as primeiras fotografías aéreas desde un globo aerostático (1858) e fotografou as catacumbas de París usando iluminación de magnesio (1861). Publicou caricaturas ata 1865 (La Sihouette, Le Charivari e Revue comique), fundou a revista Paris Photograph (1891) e foi autor de diversos ensaios e da novela La Robe de Déjanira (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gaspar de Acevedo e Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO