Tournachon, Gaspard-Félix
Tournachon, Gaspard-Félix
Fotógrafo, escritor e debuxante. Coñecido como Nadar, comezou na fotografía en 1849 e abriu un estudo en París (1853), que se converteu en punto de reunión da elite cultural francesa, á que retratou en poses naturais fronte á rixidez da fotografía da época, e o lugar onde se realizou a primeira mostra dos impresionistas (1874). Fixo as primeiras fotografías aéreas desde un globo aerostático (1858) e fotografou as catacumbas de París usando iluminación de magnesio (1861). Publicou caricaturas ata 1865 (La Sihouette, Le Charivari e Revue comique), fundou a revista Paris Photograph (1891) e foi autor de diversos ensaios e da novela La Robe de Déjanira (1845).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso