"Gonzalez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • GALICIA

    Arquitecto. Titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1989), foi profesor da mesma. Traballou con Carlos Quintáns e Antonio Raya, con quen realizou, entre outras obras, a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993), a nave industrial de Eleko Galicia (A Coruña, 1999) e o Polideportivo de Guntín (1999). As súas obras caracterízanse pola economía de recursos, a austeridade dos volumes e a integración da construción no contorno. Entre os seus numerosos proxectos de vivendas unifamiliares destacan a casa Seoane (Mera, 1992), a casa Vázquez (Sada, 1999) e a casa de Oleiros (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse en Madrid, Italia e Grecia. Entre as obras realizadas en Madrid destacan o colexio dos xesuítas de Chamartín, os conventos das Salesas e das Siervas de María e o proxecto da catedral de la Almudena, da que só rematou a cripta. En Bilbao construíu a Universidad de Deusto e o colexio e a capela do Sagrado Corazón, e en Salamanca o panteón do duque de Alba. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu o periodismo como cronista deportivo de Faro de Vigo a partir de 1921. Colaborou ademais coa publicación El Economista e foi correspondente das axencias Mencheta e Noti-Sport.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Colaborou asiduamente na prensa da cidade olívica, particularmente nas seccións de humor. Escribiu Berzas y otras legumbres (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Notario e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1962), colabora en distintas publicacións sobre temas políticos e literarios. Como escritor publicou o relato curto “A morte de Nancy Reagan” (1989), a novela Beatum Corpus (1993) e o poemario Mtesis (1998). Tamén sacou ao prelo Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e dramaturgo. Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel A. Couto, no semanario Las Musas del Lérez (1842), de Pontevedra. Escribiu tamén artigos para os xornais El Alerta (1864-1865) e El Buscapié (1865-1868), e para a Revista de Primera Enseñanza (1865-1870). Dirixiu o Diario de Pontevedra en 1879. Como autor teatral estreou en 1881 no Teatro Variedades de Madrid a peza Qué noche! Así mesmo, foi o animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con Octavio Lois Amado ou Heliodoro Gastañaduy, e publicou a primeira versión en castelán da obra de Haeckel Natürliche Schöpfungsgeschichte (1868) co título Historia de la creación de los seres orgánicos (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios da Coruña. Empregou diversas fórmulas e estilos artísticos, pero na súa obra predomina o realismo. Nas súas composicións reflectiu, entre outros temas, paisaxes urbanas, bodegóns e temas taurinos. Os seus debuxos a carbón, entre os que destacan Calle Tinajas (1998) e Convento de San Francisco (Betanzos), achéganse ao hiperrealismo. Realizou exposicións en Betanzos e na Coruña. Entre outras obras destacan O zume das estrelas (1998), galardoada cun accésit na Bienal Internacional Balconadas de Betanzos, Matador (1998), Serenidad (1999), Big Hat (2000),Virxe negra (2000) e Paseo e barandillas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Ferrol, cultivou a paisaxe, o retrato e a miniatura. Captou o tema paisaxístico do natural, principalmente escenas mariñeiras de carácter costumista nas que representou os peiraos e as xentes do mar da súa cidade natal. Destacan as súas obras Pinos, Monte galego en primaveira e Primaveira en Galicia. Entre os retratos que realizou cómpre salientar os de Concepción Arenal, o mestre Chané, Curros Enríquez e a condesa de Espoz y Mina. Como miniaturista realizou numerosas obras, entre as que cómpre subliñar unha miniatura sobre marfil de EduardoVII de Inglaterra e unha vitela para un abano coa que agasallou a Emilia Pardo Bazán. Entre outras publicacións colaborou en Almanaque Gallego. Participou, entre outras mostras, na exposición de arte galega organizada polo Heraldo de Madrid e na Segunda Exposición de Arte Gallego da Coruña (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Traballou como funcionaria na administración do Estado ata que en 1983 comezou a súa carreira política no PSOE na Deputación de Bizkaia. No ano 86 foi elixida parlamentaria no Parlamento Vasco no que traballou en asuntos de Sanidade, Traballo e Acción Exterior ata o 1991, data na que foi nomeada Concelleira de Comercio no Goberno Vasco. Dende o 1999 ata o 2007 foi membro de distintas comisións no Parlamento Europeo. As súas críticas públicas opoñéndose ao diálogo con ETA distanciárona do PSOE e no verán de 2007 abandonou o partido para co-fundar Unión de Progreso y Democracia (UpyD) que conta cun escano no parlamento español gañado nas eleccións xerais de 2008, e outro no Parlamento Europeo gañado nas eleccións de 2009.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Xefe dos servicios informativos da Cadena SER en Ourense. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Ourense e dedicouse ao xornalismo a partir de 1981. Foi correspondente das axencias Europa Press e AGN, e do xornal El Mundo. Colaborou nos xornais Faro de Vigo e Diario 16 de Galicia, e nas revistas Ocio, Cambio 16, Época e Panorama. Fundou a primeira publicación dixital referida á actualidade local e de Galicia titulada Dios, que PAÍS. Publicou as novelas A cidade dos alemáns (1992), O derradeiro fuxido (1993), Ourense Natural (1995), Alrededor de Ourense (1998) e Maceda al Natural (1998). Tamén é autor, xunto a Lino Blanco, do traballo de investigación O home do unto (Blanco Romasanta, historia real de una leyenda) (1991) e da guía Ourense Etnográfico (1997). Conseguiu o premio Vicente Risco (1984), outorgado polo concello de Ourense, e o José Aurelio Carracedo de Periodismo (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse no eido da cerámica na Escuela de La Moncloa e no eido dos metais na Escuela de Artes Aplicadas Mestre Mateo. Especializouse no traballo en esmaltes sobre metal. Profesora da Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela dende 1978. Participou, entre outras mostras, na Bienal Internacional da Arte do Esmalte (Limoges, 1976), Artesanía galega (Canadá, 1984), Email-Kunst (Deidesheim, 1985), I Bienal Internacional El món de l’Esmalt (Salou, 1989), The Japan Shippo Conference (Toquio, 1993) e na Homenaxe de artistas galegos ao Che no 30 aniversario da súa morte (1998). Realizou exposicións en Santiago de Compostela e Vigo. Entre outros galardóns recibiu as medallas de prata e bronce no V e VI Concurso Exposición Mestre Mateo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial. Fundou en Vigo a Sociedade Anónima La Artística (1906). Membro da corporación municipal con Gregorio Espino en 1923, foi tenente de alcalde. Presidiu a Asociación Metalgráfica Española e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación (1930-1947). Foi conselleiro de FENOSA e do Banco de Vigo e, en 1938, membro do Consejo Nacional de Crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro conde de Castela (930-970). Membro da familia Lara, unificou baixo a súa autoridade algúns dos condados máis importantes de Castela. Derrotou xunto co rei leonés Ramiro II a ‘Abd al-Rạhmān III na Batalla de Simancas (939), feito que lle permitiu ocupar e repoboar Sepúlveda. Enfrontouse ao monarca leonés por causa dos seus desexos de independencia, polo que sufriu prisión. Axudou a Ordoño IV na súa revolta contra Sancho I de León, pero no 960 foi feito prisioneiro polo Rei García II de Pamplona. Conseguiu vincular o condado de Castela á súa familia, polo que, á súa morte, o sucedeu o seu fillo García Fernández. A fama que acadou en vida fixo que se convertese nun dos personaxes protagonistas das obras épicas castelás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico anónimo redactado entre 1250 e 1271. Ten 752 estrofas en caderna vía que describen a vida e os feitos do conde Fernán González, de base real e lendaria ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Estudiou Ciencias Químicas na Universidad Complutense de Madrid, onde se doutorou en 1971. Profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela, centrou o seu labor investigador especialmente no estudo dos nucleósidos carbocíclicos e da terapéutica antialérxica. Publicou numerosos artigos científicos en revistas especializadas e traduciu do inglés ao castelán os libros La química de alta presión (1967), Química orgánica básica (1968), Introdución a la nomenclatura química (1970) e Procesos sintéticos en química orgánica (1976). En 1993 entrou na Real Academia Galega de Ciencias, da que foi nomeado secretario (1993) e vicepresidente (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Cochorro, especializouse en talla en madeira na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1973 participou na II Experiencia da Escola Libre do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e participou, entre outras mostras colectivas, no I Encontro de Artistas Xóvenes de Vigo (1976), na Bienal de Pontevedra (1977), en O Gaiteiro nas Artes (1993-1995) e en Galicia Interior (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Na súa obra predomina a acción e a intriga. Publicou Poesías (1835), El bastardo y el rey (1851), Los desheredados (1865) e María (1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, economista e xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e logo en Madrid. Colaborou nos xornais El Contemporáneo, El Español, La Gaceta Popular, La Ilustración Española y Americana, El Heraldo Gallego, El Eco de Orense e El Derecho. Publicou Retratos y semblanzas (1872) e Portugal contemporáneo: de Madrid a Oporto pasando por Lisboa. Diario de un caminante (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Iniciou o seu labor periodístico como director do semanario Las Riberas; posteriormente exerceu como redactor de El Regional e de El Pueblo Católico. En Santiago de Compostela, ademais de traballar como secretario da Universidade, colaborou en Gaceta de Galicia e foi redactor de El Eco de Santiago. Escribiu Prosa de la vida (1901), Lucha de sentimientos (1903), Senda de amargura (1911) e Gallegos ilustres. Montero Ríos (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO