Díaz González, Vicente
Pintor e debuxante. Profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Ferrol, cultivou a paisaxe, o retrato e a miniatura. Captou o tema paisaxístico do natural, principalmente escenas mariñeiras de carácter costumista nas que representou os peiraos e as xentes do mar da súa cidade natal. Destacan as súas obras Pinos, Monte galego en primaveira e Primaveira en Galicia. Entre os retratos que realizou cómpre salientar os de Concepción Arenal, o mestre Chané, Curros Enríquez e a condesa de Espoz y Mina. Como miniaturista realizou numerosas obras, entre as que cómpre subliñar unha miniatura sobre marfil de EduardoVII de Inglaterra e unha vitela para un abano coa que agasallou a Emilia Pardo Bazán. Entre outras publicacións colaborou en Almanaque Gallego. Participou, entre outras mostras, na exposición de arte galega organizada polo Heraldo de Madrid e na Segunda Exposición de Arte Gallego da Coruña (1917).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso