"Hall" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 59.

  • PERSOEIRO

    Economista. Foi o fundador da escola neoclásica. Introduciu diversos conceptos, como a elasticidade da demanda, economías internas e externas, e excedente do consumidor, de grande importancia para posteriores estudios económicos. A súa principal obra, Principles of Economics (1890), enlaza, mediante a introdución do factor dos tempos, o estudo dos custos de produción co principio de utilidade marxinal formulada por William S. Jevons, K. Menger e Léon M. E. Walras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista estadounidense. Foi xefe do Estado Maior Central durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Como secretario de Estado (1947-1949) foi responsable do plan de axuda económica a Europa, coñecido como Plan Marshall. Posteriormente foi secretario de Defensa (1950-1951). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Estado do Pacífico occidental formado por un grupo de illas ao L das illas Carolinas e ao NO das Gilbert (181,3 km2; 53.000 h [estim 2001]). A súa capital é Dalap-Uliga-Darrit, situada no atol de Majuro (33.000 h [2001]).
    Xeografía
    Comprenden un total de 1.152 illas agrupadas en 34 atois e 870 arrecifes. Está formado por dúas cadeas coralinas: Ratak, ao L, e Ralik, ao O. Ao NL encóntranse os atois de Mili, Majuro, Maloelap, Wotje e Likiep. No SO están Jaluit, Kwajalein, Rongelap, Bikini e Enewetak, entre outros. O clima é caloroso e chuvioso aínda que as illas do N, reciben menos choiva ca os atois situados ao S. Todo o seu territorio está baixo a influencia dos tifóns do Pacífico. As principais actividades econó micas son a pesca e a exportación de copra.
    Sociedade e goberno

    Diversidade étnica e cultural
    Os marshalleses representan a etnia maioritaria (97%), fronte aos filipinos (0,5%) e outros grupos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa elaborado por EE UU para a axuda económica a Europa, aprobado o 2 de abril de 1948, segundo unha idea de George C. Marshall. De nome European Recovery Program (ERP), a súa finalidade era financiar a reconstrución das economías dos estados da Europa Occidental mediante préstamos e cesións nun termo de catro anos. España foi excluída. A administración deste plan foi confiado pola parte europea á OECE, despois OCDE.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás illas Marshal, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante das illas Marshall.

    3. Lingua da familia malaio-polinesia do phylum austranesio que se fala nas illas Marshall e en Nauru.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta canadense. Especialista en cuestións relativas aos medios de comunicación, dedicouse ao estudo da comunicación social, para o que elaborou unha auténtica filosofía que se resume na máxima “o medio é a mensaxe”. Destacan as súas obras The Gutenberg Galaxy (1962), Understanding Media (1964) e The Medium is the Message (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista británico. Fixo estudos importantes sobre cristalografía e introduciu o uso dos símbolos cristalográficos, ideados por W. Wavell, que desenvolveu e adaptou, e que se coñecen co nome de índices de Miller. Da súa produción destacan Treatise on Cristallography (1839), An Elementary Introdution to Mineralogy (1852) e A Tract on Cristallography (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben en Inglaterra, desde o s XIX, os locais ou teatros de variedades dedicados principalmente aos números musicais. Destaca especialmente o coñecido Canterbury Hall, de Charles Morton, que por este motivo foi considerado o fundador. Estes locais tiveron a súa época de apoxeo entre 1890 e 1925, cando xurdiron grandes figuras como Josephine Baker ou Maurice Chevalier.

      1. Espectáculo de variedades.

      2. Xénero dos espectáculos dese tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Tivo un papel decisivo na interpretación do código xenético e en 1961 encontrou ribosomas e conxugounos cun ARN artificial. Amosou como as instrucións xenéticas no núcleo celular controlan a composición das proteínas. Recibiu a Medalla Nacional de Ciencia e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1968), que compartiu con H. Gobind Khorana e Robert W. Holley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das faláceas, ao que pertence o carallán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco (onde se gardan os cartos)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Auditorio de Londres construído por subscrición pública. Inaugurado en 1871, ten capacidade para dous mil espectadores. Nel celébranse actos culturais e competicións deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Profesor da University of Chicago, realizou achegas teóricas á antropoloxía económica e á ecoloxía. Evolucionou de posturas marxistas ás teses de C. Geertz. Das súas obras destaca How “Natives” Think (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo. Coñecido como Blaise Cendrards, a súa obra poética iniciouse con Les Pâques à New York (1912), que influíu nos surrealistas e especialmente en Apollinaire, e continuou con La prose du Transsibérien et de la petite Jehanne de France (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico polaco naturalizado estadounidense en 1962. En 1939 trasladouse a Escocia, onde se doutorou en 1955. En 1977 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con R. Guillemin e R.Yalow, polos seus importantes traballos sobre a produción de hormonas hipotalámicas que controlan a actividade hormonal periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor nas universidades de Harvard, Columbia, Yale, Stanford, Chicago e Massachusetts. Fixo achegas fundamentais na teoría dos retículos, a análise funcional, na topoloxía, na teoría das categorías ou na filosofía da ciencia. O seu libro máis influente foi Linear Transformations in Hilbert Space and their Application to Analysis. Está considerado un dos mellores matemáticos do s XX pola súa extensa e fundamental labor de investigación matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política fundada en Nova York (1789) polo emigrante irlandés William Mooney. Organizados en tribos e presididos por un gran sachem (‘líder’), buscaban o progreso da sociedade e opoñíanse aos intereses dos grupos aristocráticos. O gran sachem Martin van Buren accedeu á presidencia da Unión, entre 1837 e 1841. Na segunda metade do s XIX acadou unha grande influencia no estado de New York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa de Odín ou Wotan na mitoloxía escandinava, onde se reúnen os heroes caídos no combate. A Edda descríbeo como unha casa de ouro, ornada de espadas e trofeos, con 540 portas, onde todas as noites os heroes beben nela o hidromel, servida polas valquirias.

    VER O DETALLE DO TERMO