"Haro" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 56.
-
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Traballou para a Hughes Aircraft Compan e, en 1960, seguindo as indicacións teóricas de Townes e Schawlow sobre a amplificación de microondas para a emisión estimulada de radiación, obtivo o primeiro láser a partir dunha variña de rubí sintético.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. De orixe xudía, o seu primeiro volume de narracións, Rua Palatino; ḥ yamim (Vento de mar, 1950), describe a vida no kibbutz, onde vivira. Co tempo a súa obra converteuse nunha sátira da sociedade israelí moderna. Da súa produción destacan Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ edwa w ani (Hedwa e eu, 1954), Mikre haksil (A caída do simple, 1965), Ha- Palatino; ḥ ay al hamet (O vivente sobre a morte, 1965) e Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ ahayim ha-kzarim (A curta vida, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, duque de Carpio, sobriño do conde-duque de Olivares. Foi favorito de Filipe IV, que o nomeou primeiro ministro en 1644. Asinou a Paz de Westfalia (1648) e a dos Pireneos (1659), e interveu na guerra contra Portugal (derrota de Elvas, 1658).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos trogoniformes, ao que pertence o quetzal.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Considerado como un dos autores máis audaces e complexos da posguerra mundial, das súas primeiras obras destacan The Room (1957), The Caretaker (1960) e The Homecoming (1964), unha combinación de realismo e misterio que constitúe o testemuño dunha linguaxe propia cunha dignidade estilística que chega case á poesía. Parte da súa obra tamén está marcada pola influencia do barrio en que se criou, formado por familias obreiras e inmigrantes. En The Lover (1962) e Night (1969) analiza as relacións de parella, e en Betrayal (1978) afástase do teatro do absurdo. Director do Teatro Nacional de Londres (1973-1983), durante a década de 1980 as súas obras reflectiron as relacións entre linguaxe, memoria e realidade. Ademais de numerosos guións televisivos e cinematográficos, destacan os seus dramas Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico musical. Foi arquiveiro do Covent Garden de Londres (1950-1956) e dirixiu a revista Opera, tamén de Londres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos endomicetais, da familia das sacaromicetáceas, que producen a fermentación de azucre. A especie S. cerevisiae e as súas distintas variedades teñen un papel básico na industria alimentaria, xa que se empregan no proceso de produción de bebidas alcohólicas, especialmente da cervexa e do viño.
-
PERSOEIRO
Físico. Fixo investigacións sobre física teórica e propuxo con Igor E. Tamm un método para obter reaccións termonucleares controladas mediante descargas eléctricas. Participou na construción da primeira bomba de hidróxeno soviética, pero posteriormente destacou polas súas protestas contra as probas nucleares e pola defensa dos dereitos humanos, ao mesmo tempo que fixo declaracións sobre a situación política e das liberdades na URSS. A causa da súa actitude disidente, foi detido en 1978 e en 1980, e deportado a Gor’kij, onde permaneceu ata 1986. En 1989 foi elixido deputado. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Colaborou con Bruno Taut, con quen se asociou (1925) en DerRing, a unión berlinesa de arquitectos, defensora da arquitectura moderna, e urbanizou a Siemensstadt. Despois da Segunda Guerra Mundial participou na reorganización do urbanismo alemán, fixo o rañaceos Romeu e Xulieta (1957-1963) e a Sala de Concertos, en Stuttgart, a Nationalbibliothek de Berlín (1963) e a Filharmónica de Berlín (1956-1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Rock Hudson, desempeñou principalmente papeis de galán. Destaca a súa interpretación nos filmes Fighter Squadron (1948), Tomahawk (1951), Magnificent Obsession (1954), Giant (1956), A Farewell to Arms (1957), Twilight for the gods (1959), Hornet’s Nest (1970) e The Ambassador (1984) e en diversas series e filmes para a televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ariel Scheinerman.
-
PERSOEIRO
Poeta. Pertence á xeración de escritores comprometidos da década de 1930 influídos por W. E. Auden. Publicou Poems of Spanish Civil War (1939), Poems of Dedication (1947), The Edge of Being (1949), The Generous Day (1971), Journals 1939-1982 (1985), Collected Poems 1930-1985 (1985) e Dolphins (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Doutorado na California University, traballou no Instituto de Física Teórica de Copenhaguen con Niels Bohr. Estudou o sistema solar e, sobre todo, os isótopos e a estrutura atómica. Descubriu o deuterio e a auga pesada, polo que recibiu o Premio Nobel de Química (1934). Traballou tamén na preparación da bomba atómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León (1187-1226?), muller de Fernando II de León. Enfrontouse co seu marido ao defender os dereitos de sucesión para o fillo de ambos, Sancho, contra o fillo de Fernando II e da que fora a súa primeira muller, a infanta Urraca de Portugal, que acabou reinando co nome de Afonso VIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudou nas universidades de Harvard e Columbia, onde se doutorou en 1966. Centrouse no estudo da reprodución das células tumorais e explicou a orixe tumoral dos oncoxenes. En 1989 recibiu, xunto J.M. Bishop, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Converteuse en líder do Labour Party en 1963 e en primeiro ministro en 1964. Aplicou unha política de austeridade económica e impulsou un programa de descolonización. Dimitiu en 1970 pero volveu ao cargo en 1974 ata 1976.
VER O DETALLE DO TERMO